O profesor Xosé M. Pacho Blanco presenta o seu novo libro este luns na Feira do Libro de Vigo
‘O que non ten prezo’, a viaxe arredor do mundo que radiografa a esencia do ser humano
Reflexiona sobre un mundo en transformacin e emppase de todas as vidas para entender “que nos une"
Pode que os cartos non o merquen todo, que non dean a felicidade, pero poden cambiar o mundo, ou polo menos tentalo. Esa é a esencia de O que non ten prezo, o novo libro do profesor da Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo Xosé M. Pacho Blanco, no que narra unha viaxe dende Galicia ata a India, “transitando por todos os lugares que poidamos imaxinar e empapndose de todas as vidas para entender o que realmente nos une”, como destacan dende a editorial Galicia, responsable da publicacin da obra. A través desta viaxe, o autor pescuda na esencia do ser humano e percorre diferentes lugares nos que “se agochan personaxes que gozan da felicidade, que cobizan o amor, o sexo e a beleza”.
Docente, avogado e responsable de Normalizacin Lingüstica na súa facultade, esta non é a primeira novela de Pacho Blanco, que é o único escritor galego gaou os dous principais galardns da literatura galega: o Premio Torrente Ballester, con A choiva do mundo, e o Premio Rafael Dieste coa obra Teatro ou xeitos de cargar un arma, ademais do V Premio Diario Cultural con ʲDz.
Unha viaxe pola xeografa humana e un mundo en transformacin
O fo condutor da novela son os cartos, o dieiro, que permite coecer unha serie de personaxes aos que “lles van pasando cousas, como nos acontece a todas as persoas nas nosas vidas. Estamos aqu, acol, viaxamos, levamos alegras, sufrimos problemas, soamos con que todo poida mudar. E case sempre seguimos adiante, e o mundo avanza por camios s veces inesperados”. Neste sentido, Pacho sublia que a literatura “é un espello da sociedade, e ese espello pode reflectir, o bo ou o malo. Esta novela tenta reflexionar sobre as cousas que nos importan como seres humanos, e que nos condicionan”.
Como explica o autor, o libro “xurde dende a idea de que a literatura, a creacin, é un xeito de pensar o mundo. A través da creacin formulmonos preguntas sobre a sociedade, sobre ns, sobre os dilemas morais, sobre o correcto e o incorrecto, en definitiva sobre a vida. Se crear ten un sentido é o de interpelarnos sobre o que somos e o que queremos ser”. En concreto, O que non ten prezo tenta reflexionar sobre un mundo que se est transformando, “antes o dieiro fsico estaba presente, agora pasou a un segundo plano, anda que seguimos sendo fillos e fillas dun sistema econmico onde os nosos soos teen un prezo”.
De Compostela India
Ademais dun percorrido pola esencia do ser humano, O que non ten prezo é tamén un percorrido xeogrfico por unha chea de lugares polos que os personaxes transitan. Comeza en Santiago e remata en Goa, na India, que fora colonia portuguesa, pero tamén aparecen vilas e cidades galegas, espaolas, como Barcelona, e tamén de outros pases, como Miln. “Se o pensamos”, destaca Pacho Blanco, nunca houbo mis mobilidade que nesta época, ou por mellor dicer, nunca o mundo estivo tan interconectado”.
Presentacin este luns
O profesor Pacho Blanco presentar o libro este vindeiro luns 1 de xullo na Feira do Libro de Vigo, s 19.30 horas, na carpa número 1 de editorial Galicia, na praza de Compostela.
