A especialista Llerena Perozo imparte un taller sobre os nesgos de xénero na docencia universitaria
“Que nos graos de Informtica s un 12,2% do alumnado sexan mulleres é un fracaso social”
A actividade est organizada por profesoras da Escola de Enxeara de Minas e Enerxa
Hai moitas cifras no panorama educativo, tanto xeral como universitario, que amosan s claras a existencia dun teito de cristal e dunha desigualdade real que se perpetúa a pesar dos avances na esfera formal. Estes nesgos de xénero na docencia universitaria permiten analizar a situacin e as súas causas, algo que quixeron facer varias docentes da Escola de Enxeara de Minas e Enerxa a través unhas xornadas.A directora do centro, Elena Alonso e a profesora Teresa Rivas foron as impulsoras dunha proposta de dous das de duracin, unha conferencia hoxe martes e un obradoiro o xoves, impartidos por Llerena Perozo, directora de Verstil Servizos Editoriais e especialista en comunicacin e xénero.
O obxectivo é identificar o sexismo na docencia universitaria e recoecer a importancia de inclur a perspectiva de xénero na docencia, nos espazos universitarios e no sistema académico. Esta xornada enmrcase dentro das Axudas da Unidade de Igualdade a actividades docentes con perspectiva de xénero.
Igualdade formal vs. Igualdade real
Llerena Perozo comezou o seu relatorio deixando claro que, a pesar de que Espaa é un pais cunha lexislacin moi ampla e un nivel de igualdade formal dos mis altos do mundo, “non podemos caer no engano de que con esta proteccin formal temos o camio feito e que o resto quedara depositado na vontade de cada unha de aproveitar as oportunidade que esta frmula xurdica nos achega”. Na súa opinin, a realidade é outra, “na vida coti, na educacin social e afectiva, na maneira na que aprendemos a pensar” mantéense os roles de xénero. Sostén que os plans de igualdade ou as lexislacins non pode facer nada para “garantir xuridicamente” esa ansiada igualdade real. “A única maneira de que poidamos cambiar a nosa forma de enfocar a realidade é que cambiemos a nosa maneira de pensar, de ler a realidade e a ns mesmas e mesmos”.
E nesa realidade agchanse os nesgos, neste caso xénero, “a inclinacin a xulgar e comportarnos en base a unhas crenzas previas que temos”. Segundo Perozo non percibimos eses nesgos, non somos conscientes deles e resulta moi complexo “facer unha lectura emocional, unha lectura do noso comportamento e de como fomos aprendendo a inclur esa visin machista nunha naturalidade que non recoecemos, porque os nesgos parten sempre do que non estamos vendo”. Por este motivo, para a especialista a clave est en “identificar o que non vemos”. Por exemplo, explicou que non nos decatamos de que “nos irrita mis nunha nena que nun neno un comportamento dominante, temperamental ou enérxico”. Son estereotipos interiorizados que, segundo a experta, se trasladan despois do privado ao público, da infancia idade adulta, da casa ao traballo.
Do persoal ao laboral
Mostra de como os arquetipos e os roles xénero aprendidos na esfera privada acaban por filtrarse pública son algunhas cifras do sistema universitario espaol. Perozo citou, por exemplo, o feito de que nos graos de Informtica s un 12,2% do alumnado son mulleres e, nas enxearas a cifra é do 28,4%. “Isto representa en si mesmo un fracaso social, porque seguimos asignando determinados roles e arquetipos a determinadas tarefas”. Remarcou tamén que o 72% do profesorado nas diferentes etapas son mulleres; unha porcentaxe que baixa ao 66% nas universidades. Pero algúns datos son anda mis significativos: “as mulleres representan o 96,7% do profesorado de Educacin Infantil, desenvolvendo “o rol tipicamente feminino, a formacin das crianzas”.
Por outra banda, nas universidades as mulleres, a pesar de ser o 66% do persoal docente, s ocupan o 14% dos cargos directivos. “Aqu é cando comezamos a pensar ata onde chega a esfera privada e ata onde chega ese nesgo que nos coloca nunhas determinadas tarefas e comportamentos segundo o xénero, trasladando o rol dunha esfera outra”. A este respecto, remarcou que cando as mulleres chegan a espazos exclusivos da masculinidade, “nos atopamos cunhas estruturas e normas de comportamento que non se axustan nosa educacin social e emocional, acaban sendo espazos hosts e incmodos e temos a sensacin de estar nunha contorna que non nos corresponde”. Este é, segundo Perozo, “un elemento común ancorado nosa educacin social e emocional”.
Eliminar o factor xénero non elimina a desigualdade
Pero que se pode facer neste contexto “tan pouco concreto, tan abstracto”? Llerena Perozo explica que un dos principais nesgos de xénero é pensar que eliminado o factor xénero se elimina a fonte de desigualdade, como no caso dos currculos neutros. Pero na súa opinin é preciso facer “todo o contrario”, ter en conta o factor xénero “ hora de valorar, mesurar e mesmo cualificar xa que, se socialmente as mulleres recibimos unha educacin non formal que propn ser discretas, non impoer o noso criterio, non enfadarnos en público.... logo, nun contexto competitivo baseado neses comportamentos estamos nunha desvantaxe clara”.
Charla taller o vindeiro da 29
A xornada deste martes complétase cun tamén da man de Llerena Perozo, destinado a persoal docente da 鶹, con preferencia para o profesorado da Escola de Enxeara de Minas e Enerxa. Esta actividade centrarase en identificar o sexismo na docencia universitaria, fundamentalmente nas propias profesoras.
