DUVI

Diario da 鶹

A investigadora do grupo PR3CULT Marta Bran é unha das autoras de ‘No soy un gato’

Unha publicacin conecta a “fascinacin pola mscara” na historia da arte cos filtros nas redes sociais

Catro investigadores afondan neste libro nas interaccins entre este fenmeno e a creacin artstica

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • ʳܲԲ
  • TIC
  • Աپ
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 22/02/2022

Que similitudes existen entre as mscaras tribais prehistricas e os filtros faciais dun iPhone? Esta é unha das preguntas abordadas no ensaio que a investigadora do grupo PR3CULT da Facultade de Belas Artes Marta Bran realizou para No soy un gato. Filtros y mscaras de la contemporaneidad, unha publicacin coordinada polo crtico de arte e profesor da Universidad Autnoma de Madrid Fernando Castro que aborda, desde a perspectiva da arte, os “enmascaramentos que se producen nas redes sociais”, como explica Bran. Dando continuidade investigacin que desenvolveu para a súa tese de doutoramento, centrada no impacto das redes sociais na arte contempornea, a investigadora reflexiona neste libro sobre os filtros das redes sociais a través dun percorrido pola historia da arte, co que mostra como a “fascinacin pola mscara permaneceu latente desde a antigüidade ata a actualidade”, salienta.

“Anda que poida parecer que os filtros e as mscaras dos social media son algo absolutamente novidoso, en realidade, non o son tanto, xa que os procesos de enmascaramento sempre estiveron presentes, dun ou doutro modo, desde as orixes da humanidade”, sostén Marta Bran, pseudnimo artstico de Marta Lpez Lpez. Esta é unha das ideas que a investigadora de PR3CULT achega a un volume que reúne os ensaios dos tamén artistas e investigadores José Manuel Ruiz e Diana Milln, as como do propio Fernando Castro, coordinador desta publicacin pertencente coleccin Infraleves do Centro de Documentacin y Estudios Avanzados de Arte Contemporneo (Cendeac). “Para min foi un auténtico regalo, porque puiden dar continuidade mia tese”, recoece Bran do feito de que Castro a convidase a participar neste volume tras coecer a súa tese Arte, vida y redes sociales de Internet. El artista en los inicios del siglo XXI. Nuevos paradigmas, pola que foi recoecida en 2018 nos premios extraordinarios de doutoramento da 鶹. O libro, que toma o seu ttulo da frase pronunciada por un avogado estadounidense nunha vista xudicial que tia lugar de xeito virtual e especificamente, debido a un filtro fixo dun gato que apareceu na súa pantalla no lugar do seu rostro, busca achegarse desde diferentes perspectivas a un “fenmeno de rabiosa actualidade”, como recoece esta investigadora, e tamén “interaccin que existe coa historia da arte”. 

A idea do “eterno retorno”

Como explica Bran, o “fo condutor principal” do seu ensaio é a historia da arte e, mis en concreto, aqueles e aquelas artistas “que traballaron con mscaras, fsicas ou psquicas, como retratistas do seu tempo”. Baixo o ttulo de Inmersos en la «commedia dell’arte»: Identidades enmascaradas en la era post-Internet, o texto afonda nun elemento usado de “forma recorrente” e en como esa “fascinacin pola mscara” se fai presente tanto no “Neoltico precermico” como no momento actual, a través de propostas como as do colectivo britnico The Dazzle Club, “que vulneran os sistemas de recoecemento facial das cmaras de Londres ao pintar os seus rostros”. 

Do seu “uso mstico e ritual” na antigüidade súa actual “viralizacin na rede”, esa idea do enmascaramento constitúe un “tema universal e perenne, no que existen conexins entre o pasado e o presente”, sinala. Neste punto, pon como exemplo as similitudes “entre as mscaras tribais prehistricas, que denotan distincin no status social” e os filtros faciais “do último iPhone, como signo de exclusividade”, xa que, “en termos de connotacins xerrquicas dentro das súas respectivas sociedades, poderan atoparse puntos en común que co paso do tempo permaneceron inalterables”. De a que esta artista e investigadora interprete esta idea da mscara como “un eterno retorno” que forma parte da historia da humanidade, con “múltiples réplicas e reinterpretacins en contextos diversos”. 

Os filtros como material artstico

Un dos apartados do seu ensaio céntrase nas “prcticas de enmascaramento” presentes na rede “en formas de creacin online”. Esta anlise permite pr de relevo como os filtros das redes sociais se teen convertido tamén en ferramenta e material artstico e, como tal, “xa entraron en galeras, museos e festivais de arte”, xeralmente para a creacin de “experiencias in situ, que invitan participacin do espectador”. De feito, explica Bran, en moitos casos, o interese das e dos artistas por estes fenmenos levronos a crear obras “con métodos ou estéticas que mis adiante se converteron en mainstream nos social media”.

O ensaio aborda nese senso as obras de “artistas-creadores de filtros” como Ines Alpha ou Anni Garza, “que evidencia, con instalacins interactivas, a vulnerabilidade da sociedade actual ao usar apps baseadas na tecnoloxa ڲ",e, súa vez, detense tamén na “sucesin de avances técnicos que estiveron ao servizo do enmascaramento”. Co obxectivo de trazar unha “mirada poliédrica”, Bran estuda as mesmo como este fenmeno foi analizado desde diferentes disciplinas para finalmente, partindo da idea da modernidade lquida do socilogo Zygmunt Bauman, falar no texto da existencia dunha “identidade lquida”, como metfora “da realidade e simulacro que habita nas redes sociais”, nas que o selfie se converteu “na nosa nova mscara”.