DUVI

Diario da 鶹

A alumna Nerea Mallo presenta esta tarde unha revista patrocinada pola Unidade de Igualdade

Unha publicacin busca dar voz s mulleres do mundo forestal galego

Reúne as opinins de profesionais de diferentes eidos

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • پܱ
  • Estudantado
  • Igualdade
  • Medio Ambiente
  • ʳܲԲ
  • Cultura
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 15/11/2019

Como unha “revista de rescate histrico” presenta a estudante da Escola de Enxeara Forestal Nerea Mallo , unha publicacin na que reuniu os testemuos de trece “mulleres forestais galegas”, co propsito de que “moitas historias non queden sen contar”. A publicacin, que conta co patrocinio da Unidade de Igualdade da 鶹, reúne as opinins de enxeeiras forestais e de montes, empresarias, bombeiras forestais, axentes medioambientais ou investigadoras. Boa parte das protagonistas desta publicacin participarn, de feito, no coloquio de presentacin da revista que ter lugar este venres s oito da tarde na sede da Vicerreitora do campus.

“Existe a necesidade de escribir o que non se conta ou o que non se percibe”, salienta Mallo, bolseira da Oficina de Medio Ambiente da Universidade, que sublia as mesmo que “as mulleres forestais achegan grandes visins e grandes cambios a un mundo que pareca estar destinado mis aos homes, algo pouco real”. Nese senso, a publicacin busca amosar, lonxe da “condescendencia”, que, no sector, “existen mulleres en postos directivos en empresas, en brigadas de incendios, nas comunidades de montes, que traballan en conservacin...”, labores aos que busca dar visibilidade nesta publicacin, sinala, “para darlle unha nova perspectiva s novas xeracins e tamén ao resto da sociedade”.

Catorce voces

Coecer por que decidiron cursar estudos relacionados co eido forestal, cal foi o seu primeiro contacto laboral co sector, a súa opinin respecto do papel da muller neste mbito ou as recomendacins que trasladaran s novas enxeeiras son algunhas das preguntas que Mallo realiza nesta revista a doce profesionais. Concretamente, achegan s súas impresins nesta revista a xefa do Servizo de Montes de Pontevedra, Amalia Elsa Pazos;as empresarias Erika Martnez e Esther Merlo; a enxeeira de montes Gloria Bustingorri; a directora da Área de Promocin e Calidade da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Isabel Mara Puentes; a bombeira forestal de brigada helitransportada Paula Poy; a consultora medioambiental Cristina Gende; a enxeeira forestal Luca Saborido; a axente medioambiental Goretti Tuche;a secretaria da Comunidade de Montes de Aguasantas, Laura Nieto; a investigadora na rea de xenética forestal Josefina Fernndez e a axente medioambiental Zeltia Burgos. “Buscaba diferentes perfs, mulleres que estivesen traballando en distintos mbitos”, explica Mallo, que reuniu tanto a enxeeiras forestais e de montes como a capataces forestais, profesionais s que tamén preguntou sobre a evolucin do sector forestal en Galicia, sobre o equilibrio entre a producin e a conservacin da natureza, ou sobre que medidas sera preciso acometer para promover un manexo sustentable dos montes galegos.

Xunto s impresins destas doce profesionais, a publicacin que Mallo realizou coa colaboracin de Marina Lorenzo, no deseo, e de Aurora Redondo, na correccin lingüstica, complétase con dúas voces mis. Por unha banda, a de Mara Nieves Franco, unha vecia de Ponte Caldelas que comezou a traballar no monte con 14 anos. “Traballou nas repoboacins dos anos 70 e parecame importante a súa visin”, sinala Mallo que incorporou tamén revista un extracto do libro Árbores que non arden, da historiadora Lara Barros, co propsito de afondar tamén no protagonismo das mulleres nas comunidades de montes veciais. “A historia das mulleres no monte é unha historia cargada de loita e tamén de representacin. Anda que non aparecen nos libros sempre estiveron a”, salienta no texto introdutorio a coordinadora desta publicacin, que este xoves defenda na EE Forestal ou seu traballo de fin de grao.

Xunto con estes testemuos, a publicacin complétase cun achegamento evolucin da porcentaxe de mulleres que cursan carreiras STEM. A publicacin presenta tamén unha serie de datos, recollidos pola Sociedad Espaola de Ciencias Forestales (SCEF), sobre a participacin de mulleres na organizacin de catro edicins do Congreso Forestal Espaol, como integrantes dos comités organizadores e cientfico e moderadoras das sesins, situndose a súa participacin por debaixo do 30% na maiora dos casos.