DUVI

Diario da 鶹

Promovido pola catedrtica Mara Lameiras e SOS Ternpil Galitzia

O proxecto Rosala ofrecer acompaamento e apoio psicolxico a mulleres ucranas

A iniciativa busca a colaboracin de psiclogos e outros profesionais para realizar as súas accins

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Institucional
DUVI Ourense 22/03/2022

Baixo o nome de proxecto Rosala e o lema “nin unha menos”, a catedrtica da Área de Personalidade, Avaliacin e Tratamento Psicolxico da 鶹 Mara Lameiras acaba de pr en marcha unha iniciativa que ofrecer acompaamento e apoio psicolxico a mulleres ucranas e os seus fillos e fillas. A iniciativa, voluntaria e altrusta, busca a colaboracin de psiclogas, psiclogos e outros profesionais tanto da comunidade universitaria como fra dela para desenvolver as súas actividades.

A proposta, indica a súa promotora, toma o nome da “nosa insigne escritora Rosala de Castro porque ninguén mellor que ela para relatar o sufrimento de ter que sar do lugar no que nacestes e o lugar onde transcorreu a túa vida, neste caso agravado pola circunstancia de ter que fuxir dunha guerra”. A actividade xorde en colaboracin con SOS Ternpil Galitzia, iniciativa cidad ourens de axuda s e aos refuxiados de Ucrana que xa ten trado varios grupos tanto cidade de Ourense como zona de Trives.

Traballar as emocins

“Este proxecto ten como obxectivo desenvolver un acompaamento e apoio psicolxico s mulleres refuxiadas ucranas”, sinala Mara Lameiras. A psicloga explica que este acompaamento e apoio “non é terapia” xa que, indica, “as persoas, de partida, teen estratexias persoais e a resiliencia para afrontar situacins difciles e traumticas, como poden ser as que estas mulleres e os seus fillos e fillas estn a vivir como refuxiados, fra da súa contorna e afastados das súas familias, dos seus grupos de referencia, e coa dificultade engadida da lingua”. Segundo explica, “o que queremos é axudarlles a que afronten toda esa situacin, de tal xeito que non se complique e que non acaben necesitando axuda psicolxica”. A iniciativa quere axudar s mulleres afectadas nese afrontamento, “identificando e estimulando todas esas estratexias persoais que temos as persoas para afrontar as perdas e os traumas”.

Concretamente, o proxecto Rosala quere ofrecerlles s mulleres ucranas coa colaboracin de SOS Ternpil Galitzia “un espazo de seguridade e confianza para que poidan artellar unhas canles de comunicacin e sororidade entre elas e coa contorna na que estn agora. Espazos para falar, para que poidan verbalizar, identificar e validar as súas emocins, dixerilas e manexalas”. Preténdese, comenta Mara Lameiras, “que as mulleres poidan falar da experiencia e as emocins que teen vivido ao iniciarse o conflito, no trnsito ata chegar aqu e o que estn vivindo, para identificar e afrontar esas emocins do xeito mis saudable e positivo posible e para que esas emocins non se enquisten desenvolvendo sntomas que poidan requirir unha intervencin psicolxica posterior”. Ao traballar o seu benestar psicolxico, estas nais podern igualmente, engade Mara Lameiras, “axudar aos seus fillos e fillas a identificar as emocins que estn tendo, validalas e acompaalos tamén en todo ese proceso que é superar experiencias traumticas”.

As difciles situacins vividas por estas mulleres, comenta a psicloga da 鶹, probablemente se manifesten a nivel cognitivo, afectando por exemplo memoria, atencin e concentracin; a nivel emocional, con tristeza, enfado, culpa, soidade, impotencia, esgotamento emocional e dificultade para identificar as emocins, e a nivel comportamental, amosando inquietude, actitudes defensivas ou trastornos para durmir e na alimentacin, etc. “Son sntomas normais de persoas que viviron ou que estn vivindo estas mulleres e que se poden traballar”, apunta. Paralelamente a este traballo, o proxecto tamén quere desenvolver intervencins especficas para as nenas e nenos refuxiados coa mesma idea de traballar as emocins e os sentimentos, de acompaalos e apoialos, anda que con dinmicas adaptadas s súas necesidades e caractersticas.

A actividade de acompaamento e apoio est previsto que se desenvolva en Ourense e en Trives, onde traballa a asociacin colaboradora. A primeira toma de contacto co primeiro grupo de mulleres que participar ser dentro duns das, en coordinacin co Concello de Pobra de Trives, que ten posto a disposicin do proxecto un espazo e unha persoa tradutora para desenvolver a intervencin. En funcin da demanda e dos recursos humanos dispoibles articularase o desenvolvemento das seguintes accins. Neste senso, o proxecto fai unha chamada a psiclogas, psiclogos e outros profesionais que poidan estar interesados en colaborar de forma altrusta nesta iniciativa, tanto da comunidade universitaria como de fra dela, a que se poan en contacto no enderezo electrnico lameiras@uvigo.es. “En situacins de crise, de repente xorde unha necesidade para a que non estabamos preparados pero que demanda unha resposta inmediata e a todas e todos temos que axudar no que poidamos”, afirma Mara Lameiras, que lembra que en contextos coma esta guerra afloran as partes mis escuras do ser humano pero tamén as mis luminosas, como a solidariedade.

Unha visin de xénero

Como experta en temas de xénero, Mara Lameiras tamén chama a atencin sobre a necesidade de abordar a situacin en Ucrana desde unha perspectiva de xénero. “Estamos atopndonos cun pas de Europa onde se reproduce o esquema patriarcal mis violento, que é os homes facendo a guerra e as mulleres coidando e pondo a salvo s fillas e fillos. Por primeira vez en Europa estamos vendo un tipo de movemento masivo de refuxiados con ese perfil, de mulleres soas cos seus fillos e fillas, porque no caso de Siria o perfil era de familias”, indica a catedrtica. As mulleres, indica, non s asumen esta responsabilidade senn que pasan a ser o colectivo de maior vulnerabilidade ante todo tipo de violencia, especialmente a sexual.