DUVI

Diario da 鶹

Desenvolvido pola 鶹, o INSAP e a Universidade Ibn Tofail de Kenitra

O proxecto internacional no xacemento marroqu de Tahaddart remata tras identificar oito factoras de salga

As entidades implicadas fan balance en Rabat dos cinco anos de traballo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Internacional
  • Աپ
  • Աپ
DUVI Ourense 29/05/2025

O Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da 鶹, o Institut National des Sciences de l'Archéologie et du Patrimoine (INSAP) e a Universidade Ibn Tofail de Kenitra desenvolven desde o ano 2021 o proxecto arqueolxico internacional MA.RO.CO. O seu obxectivo é afondar no coecemento do xacemento marroqu de Tahaddart, dedicado producin industrial de salgas de peixe, e no comercio en época romana na fachada atlntica dese pas. Na recta final da proxecto, esta semana as entidades implicadas fan balance da iniciativa nun encontro internacional en Rabat no que destacan os bos resultados acadados.

O proxecto realzase ao abeiro dun convenio de colaboracin en materia de patrimonio cultural asinado entre o INSAP, do Ministerio de Cultura do Reino de Marrocos, e a 鶹. Ademais, est financiado pola Xunta de Galicia, a través da convocatoria para proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente. Est dirixido polo arquelogo do GEAAT Adolfo Fernndez, polo investigador do INSAP Mohamed Kbiri-Alaoui e pola profesora da Universidade Ibn Tofail de Kenitra Meriem Hansali. No equipo da 鶹 tamén estn Patricia Valle, Fermn Pérez e Alba Rodrguez e con el colaboran, en diferentes partes do proxecto, especialistas de institucins como as universidades de Len, Barcelona, Coimbra e Porto e o Museu Nacional de Conmbriga (Portugal).

Tres campaas arqueolxicas e catro de estudo de materiais

O xacemento de Tahaddart sitúase no norte de Marrocos, a uns 20 quilmetros ao sur da cidade de Tnxer, nunha lingua de area entre o océano Atlntico e unha gran lagoa interior. Trtase dun complexo de época romana en moi bo estado de conservacin no que destacan varias grandes fbricas de salgadura de peixe. Os traballos realizados ao longo destes anos no marco do proxecto MA.RO.CO permitiron ampliar as dimensins coecidas deste xacemento, descubrindo novas factoras de salgadura romanas e numeroso material, como milleiros de fragmentos de cermica, vidro, material ltico e restos orgnicos como sos, sementes, madeiras, cunchas e restos de peixe. O material arqueolxico atopado foi depositado no Museo de Lixus, preto da cidade de Larache.

“Estes anos fixemos tres campaas de escavacin arqueolxica en Tahaddart e catro campaas de estudos de materiais en Lixus, Tetun e Tnxer, de materiais arqueolxicos de época romana de Tahaddart e doutros xacementos do norte de Marrocos”, explica o equipo da 鶹. Os traballos arqueolxicos e as prospeccins realizadas permitiron identificar oito factoras de salga construdas a mediados do século I d.C. e que estiveron en funcionamento ata finais do século IV d.C. Ademais das fbricas, tamén se atoparon espazos habitacionais, como unha cocia na que poderan prepararse alimentos para os traballadores do complexo. A factora 1 do xacemento, que destaca polo seu bo estado de conservacin, foi reconstruda en 3D cos datos dispoibles.

Os traballos realizados no xacemento tamén permitiron “recuperar a primeira mostra de restos de peixe no interior dunha fbrica de salga, demostrando que a Tingitana tamén produca salgas de sardia e bocarte e non s de atún, como se pensaba ata o de agora”. Outro aspecto novidoso do proxecto é que ao seu abeiro analizronse as arxilas coas que se facan as nforas, materiais de construcin (como tellas) e cermicas comúns, para saber cales chegaban de fra e como era a producin local de al. Igualmente, as anlises arqueobotnicas feitas permitiron reconstrur as especies vexetais da contorna do xacemento.

Os resultados destes cinco anos de proxecto estn expndose no Workshop international garum, salsamenta et économie halieutique en Maurétanie Tingitane: nouvelles données archéologiques et perspectives des recherches, que se celebra do 28 ao 30 en Rabat, capital de Marrocos, organizado polo Institut National des Sciences de l’Archéologie et du Patrimoine, coincidindo co seu 40 aniversario, e as universidades de Ibn Tofail de Kenitra, Vigo e Cdiz, tendo esta última un proxecto similar ao da 鶹 no xacemento de Lixus. Os resultados estn previstos que se recollan nunha monografa.