DUVI

Diario da 鶹

A través dun conxunto de actividades nas que participaron mis de 350 persoas

Un proxecto de innovacin educativa busca fomentar no campus unha mobilidade activa e sostible

Unha enquisa sinala unha baixa porcentaxe de uso da bicicleta entre o estudantado

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • پܱ
  • Estudantado
  • Medio Ambiente
  • é
DUVI Pontevedra 21/01/2025

“Focalizar a atencin da comunidade educativa do campus de Pontevedra na importancia da mobilidade activa, saudable e sostible no mbito educativo”. Este era, como sinala o profesor Ivn Martnez, o propsito central dun proxecto de innovacin docente desenvolvido na Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte e que englobou un conxunto de accins nas que participaron mis de 350 persoas. Entre elas, unha enquisa realizada tanto a alumnado, profesorado e persoal deste centro como a estudantes do CIFP A Xunqueira, na que s o 30% das persoas participantes afirmaron que optan por algún “medio de mobilidade activa”, como moverse en bicicleta, en patinete ou camiando, nos seus desprazamentos diarios ao campus. 

Seleccionado na convocatoria de proxectos de innovacin educativa impulsada por esta facultade, o proxecto coordinado por Martnez Lemos desenvolveuse ao longo de 2024 e abrangueu tamén unha exposicin temporal, un taller sobre o uso da literatura infantil para introducir esta temtica nas escolas e a proxeccin e debate dun documental. Os resultados destas iniciativas recllense agora nunha publicacin na que o equipo responsable do proxecto incide en que, se ben, a maiora dos participantes na enquisa “non practica unha mobilidade activa e sostible nos seus desprazamentos ao centro educativo”, a alta implicacin do alumnado nas diferentes actividades propostas podera supor “un primeiro paso para lograr un cambio cara condutas mis comprometidas co desprazamento activo, sostible e saudable na comunidade do campus”.

Dirixido tanto a “caracterizar a mobilidade da comunidade educativa do campus” como a promover unha reflexin sobre a importancia dun “novo modelo de mobilidade”, no proxecto participaron, xunto a Martnez Lemos, as e os docentes Martina Ares, Carlos Ayn, Roco Carballo, Teresa Gutiérrez, Ana Rey, Silvia Varela e Luis Velasco.

A bicicleta, opcin minoritaria

Un total de 168 persoas responderon a enquisa realizada ao abeiro deste proxecto e cuxos resultados, sublia Martnez, non poden extrapolarse ao conxunto do campus. Mis do 47% das e dos participantes, preto do 70% mulleres e preto do 64% persoas de entre 18 e 25 anos, afirmaron que optan por coche ou moto para os seus desprazamentos ao campus, mentres que un 23% faino en transporte público e un 30% “nalgún medio de mobilidade activa”. Respecto dos motivos polos que optan por estas opcins, preto do 52% sinalan “causas vinculadas comodidade e aforro de tempo pola distancia a cubrir”, xa que mis do 55% das e dos participantes residen a mis de cinco quilmetros do seu centro educaivo, mentres que un 35% sinala que é a súa única opcin de desprazamento. Por outra banda, os resultados da enquisa amosan tamén que mis do 90% das e dos participantes non opta pola bicicleta para desprazarse polo centro educativo “nin ten intencin de facelo nun futuro”.

Partindo deste escenario, o proxecto buscaba identificar posibles “barreiras” para esa mobilidade activa, das que s unha foi salientada por mis da metade das e dos participantes; que este tipo de desprazamentos fanlles “pasar demasiado calor” e suar. Outras opcins, como que houbese demasiado trfico, cruces perigosos ou ir “demasiado cargado” ao campus foron sinaladas como barreiras por menos do 45% das e dos participantes.

Formar e concienciar

Mis al da enquisa, Martnez destaca a “participacin e interese amosado polo alumnado en todas as actividades propostas”, o que lévao a incidir na necesidade de apostar por “metodoloxas activas” que estimulen unha reflexin sobre un modelo de mobilidade que permita reducir o impacto ambiental do trfico e mellorar a saúde da poboacin. Con ese obxectivo, unha das iniciativas impulsadas foi unha exposicin temporal nos espazos comúns da facultade, deseada por 52 estudantes dos graos en Educacin Infantil e Educacin Primaria. Nela, explica, empregaron “un sistema modular que reproduca un circuto de trfico en miniatura”, sobre o que se expuan diferentes “vehculos de mobilidade activa”, nun tamao superior aos de motor, como “un smil dun futuro sostible no que a mobilidade activa sexa hexemnica e a mobilidade a motor sexa residual”.

Outra das propostas foi un taller sobre o uso da literatura infantil para abordar a mobilidade activa, impartido pola catedrtica da Universidad de Granada Palma Chilln, coordinadora da Red Iberoamericana de Investigacin en Desplazamiento Activo y Saludable (RIIDASS). Nesta iniciativa participaron 37 alumnos e alumnas, mentres que 95 tomaron parte nun debate sobre mobilidade urbana sostible, precedido pola proxeccin do documental Podemos reinventar nuestras cidades para vivir mejor?, da televisin alem Deutsche Welle.