DUVI

Diario da 鶹

Nel participan os investigadores da Facultade de Ciencias Pedro Araujo e José Ángel Cid

O proxecto Facter realiza unha nova mostraxe para caracterizar as augas termais e minerais de Galicia e o norte de Portugal

A iniciativa quere mellorar o coecemento dos sistemas de fallas que controlan os seus circutos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Աپ
  • Աپ
DUVI Ourense 04/06/2025

Os investigadores da Facultade de Ciencias do campus de Ourense Pedro Araujo e José Ángel Cid participan no proxecto Facter, que ten como obxectivo mellorar o coecemento dos sistemas de fallas que controlan os circutos das augas termais do noroeste peninsular, ofrecendo o modelo conceptual de circulacin e orixe destas augas. No marco da súa actividade, estn a levar a cabo esta semana a segunda campaa de mostraxe de augas e gases disoltos nas augas termais e minerais de Galicia e o norte de Portugal. 

O proxecto Facter (Nueva aproximacin multidisciplinar a la caracterizacin de fallas activas, y su interaccin y control de los procesos geotérmicos y ssmicos intraplaca del NW de la pennsula ibérica), est financiado pola Agencia Estatal de Աپ do Ministerio de Ciencia, Innovacin y Universidades. O seu coordinador principal é Fidel Martin Gonzlez, da Universidad Rey Juan Carlos e nel participan 23 investigadores e investigadoras de dez organismos de investigacin de cinco pases, nomeadamente Espaa e Portugal.

No estudo determinaranse cales e como son as estruturas xeolxicas que controlan o ascenso de fludos termais e a súa localizacin e que determinan as súas caractersticas. “Os sistemas xeotérmicos fisurais, os existentes no noroeste da pennsula, desenvlvense a través de complexos sistemas de fracturacin nas partes mis someras da cortiza terrestre. Son circutos complexos e en moitas ocasins non ben estudados”, explican os investigadores da 鶹. O coecemento das estruturas e os controis xeolxicos que favorecen estes sistemas xeotérmicos é un dos maiores retos cientficos no estudo da orixe de augas termais. Para avanzar neste coecemento, detallan, “requrese a integracin de numerosas disciplinas que poidan caracterizar esta actividade xeotérmica e a súa localizacin, como xeoloxa estrutural e xeoqumica de fludos”.

Ampliando a zona de mostraxe

Na primeira campaa do proxecto, celebrada en xuo de 2024, mostrronse diversos puntos de augas de Ourense, Lobios, Baos de Molgas, Lugo, Caldelas de Tui, Caldas de Reis, Mondariz e Fontenova. “Os resultados obtidos na devandita campaa permitiron, a través da anlise das caractersticas fsico-qumicas e isotpicas das augas subterrneas e os gases disoltos nelas, detectar a presenza de fludos endxenos (profundos) en varios destes puntos, principalmente dixido de carbono pero tamén gas helio-3, un istopo do gas helio, que provén principalmente do manto superior e que, a través das grandes fallas que cruzan toda a cortiza continental desta zona, ascenden e dislvense nas augas termais, ata a superficie”, comentan os investigadores. Estes resultados coinciden con estudos previos realizadas por investigadores portugueses que tamén colaboran neste proxecto cientfico, como son os profesores Rosrio Carvalho, da Universidade de Lisboa; Paula Carreira, do Centro Ciências e Tecnologias Nucleares, e José Manuel Marques, do Instituto Superior Técnico de Lisboa. Ditos estudos apuntan existencia dun achegue anmalo de fludos mantélicos a través das grandes estruturas tectnicas da rexin. 

Na segunda campaa que se realiza agora participan ademais de Pedro Araujo, José Ángel Cid e Fidel Martin Gonzlez o investigador Rayco Marrero Daz, do Centro Nacional Instituto Geolgico y Minero de Espaa (IGME-CSIC). Nesta quenda preténdese estender a rea de estudo inclundo tamén A Corua, Zamora e o norte e nordés de Portugal (Melgaço, Monção, São Pedro do Sul, Vila-Flor, etc.). “Desta forma, a comparacin de resultados entre xacementos do mesmo tipo en Espaa e Portugal permitir establecer as similitudes e diferenzas entre os distintos circutos termais e a influencia que outros factores (topogrficos, hidrolxicos e xeolxicos) provocan na calidade e cantidade do recurso termal”, afirma o equipo investigador.