Desenvolvido polo grupo HealthyFit da 鶹 e financiado polo IIS Galicia Sur
Un proxecto avaliar os beneficios de combinar realidade virtual e un cicloegrmetro intelixente en pacientes con prkinson
Dirixido a analizar os posibles beneficios da sintomatoloxa asociada a esta enfermidade
Diferentes estudos teen demostrado os beneficios do exercicio fsico na sintomatoloxa asociada ao prkinson, a segunda enfermidade neurodexenerativa mis común. Partindo desta idea, o grupo de investigacin HealthyFit levou a cabo nos últimos meses un estudo dirixido a coecer tanto a viabilidade como os posibles beneficios dun programa de exercicio cun cicloergmetro intelixente, no que combinan a actividade fsica con tarefas de estimulacin cognitiva. Ao mesmo tempo, o grupo que coordina o catedrtico da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte José Mara Cancela avaliou tamén recentemente as posibilidades que achega a este tipo de pacientes a realizacin de programas de actividade fsica con lentes de realidade virtual. A combinacin destas dúas lias de traballo é agora a base dun novo proxecto de investigacin, financiado polo Instituto de Աپ Sanitaria Galicia Sur (IISGS), que o grupo desenvolve ao longo deste 2023. Este estudo ten como obxectivo avaliar tanto a viabilidade e seguridade como as posibles melloras que podera xerar nas persoas con prkinson un programa baseado na combinacin da realidade virtual inmersiva co pedaleo a alta intensidade nun cicloergmetro intelixente MotoMed.
Seleccionado na convocatoria intramural de axudas investigacin biomédica do IISGS, no proxecto Efecto do pedaleo a alta intensidade executado nunha contorna de realidade virtual inmersiva na enfermidade do prkinson (ReViPark) participan, xunto a Cancela, os investigadores do grupo HealthyFit Iria Cabo, Pablo Campo e Helena Vila. As mesmo, o proxecto conta tamén coa participacin do investigador do grupo de Neurociencia Traslacional do IISGS Carlos Spuch e da tamén catedrtica da facultade pontevedresa Margarita Pino, do grupo Gies-10, integrado tamén, ao igual que HealthyFit, no Instituto de Աپ Sanitaria.
Unha actividade “o mis real posible”
O obxectivo do proxecto, sinala Cancela, é xerar “unha sinerxa” entre estas dúas lias. De a que a investigacin combine o traballo cun modelo de MotoMed “especfico para Prkinson, porque permite alcanzar as 90 revolucins por minuto e nesta enfermidade est demostrado que canto maior sexa a intensidade, maiores son os efectos tanto a nivel motor como cognitivo”, co uso de exergames, xogos baseados no movemento, nun Head-Mounted-Display, un dispositivo comercial de realidade virtual inmersiva. Partindo dunha seleccin realizada polo grupo daqueles xogos “que mellor se adaptan patoloxa”, o proxecto baséase nun protocolo de actividade fsica no que “o cicloergmetro est conectado s lentes de realidade virtual”, que sitúan os pacientes “nunha contorna de exercicio fsico”. De feito, as e os participantes realizarn un traballo de actividade fsica mentres “pedalean polas rúas de Pars”, por un bosque ou por unha praia, nunha actividade que, coa idea de “que sexa o mis real posible”, far que o cicloergmetro “ofreza unha maior resistencia” cando se atopen subindo unha costa nesta contorna virtual.
“Son actividades moito mis motivadoras que pedalear contra unha parede, nas que o propio sistema lles vai dando ademais un feedback constante e indicacins coas que mantelos motivados”, engade Cancela. De xeito paralelo realizacin de actividade fsica, este protocolo de actividade fsica enfrontar tamén aos pacientes a unha serie de “tarefas cognitivas nas que teen que pomar decisins” e responder a unha serie de estmulos que se lle van trasladando a través dos propios lentes, “nunha contorna agradable e motivadora”.
Nese senso, a hiptese da que parte este estudo é que “o uso de programas de exercicio fsico de alta intensidade desenvoltos en cicloergmetros e aplicados en contornas virtuais totalmente inmersivas teen unha influencia mis efectiva na mellora da sintomatoloxa e na ralentizacin da progresin da enfermidade”, que aqueles que empregan unicamente este tipo de dispositivos para a realizacin de actividade fsica.
Un estudo no que colaboran as asociacins de pacientes
Co obxectivo de constatar se a combinacin do MotoMed coa realidade virtual permite acadar “un maior grao de mellora funcional e sintomatolxica”, as como de calidade de vida, con respecto a pacientes que levan a cabo “un programa de exercicio fsico nunha sala convencional”, a investigacin levarase a cabo, como explica Cancela, “con dous grupos, un experimental e outro de control”. Ambos realizarn ao longo de seis meses o mesmo programa de exercicio con MotoMed, no primeiro caso, combinndoo coa realidade virtual e no segundo sen esta. A investigacin, como sinala o coordinador do grupo HealthyFit, lévase a cabo “coa colaboracin das asociacins de prkinson da provincia”, nas súas sedes, e consistir en sesins de traballo de 25 minutos, nas que os pacientes mantern unha cadencia de pedaleo de entre 80 e 90 revolucins por minuto.
Est previsto que neste estudo participen 44 pacientes de prkinson, nun estadio “pouco evolucionado” da patoloxa, que se sometern ao inicio e o remate do programa a unha serie de avaliacins dirixidas a coecer unha serie de “aspectos funcionais e de calidade de vida”. O obxectivo, explica Cancela, é coecer tanto “a adherencia e motivacin” cara a prctica de actividade fsica que pode xerar o uso das novas tecnoloxas para o desenvolvemento de terapias de actividade fsica, como os seus efectos hora de retardar “o proceso dexenerativo, mellorar a autonoma funcional, postura corporal e calidade de vida”. Dirixidas a constatar posibles beneficios tanto nos sntomas motores asociados a esta enfermidade, como nos non motores, esta serie de medicins verase complementada súa vez pola anlise dun biomarcador por parte dos neurlogos do IISGS.
Neste punto, na memoria do proxecto resltase que, no caso de ser positivos, os resultados deste proxecto poran de relevo os beneficios da implantacin deste tipo de sistemas de realidade virtual inmersiva nos “programas de intervencin a longo prazo” con este tipo de pacientes, as como con outro tipo de “poboacins con limitacins funcionais”.
