DUVI

Diario da 鶹

Liderado desde a 鶹 e Ecobas polo profesor Ernesto Lpez

Un proxecto afonda na alfabetizacin financeira das persoas emprendedoras

O impacto dos nesgos cognitivos é un dos focos de interese

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Emprender
  • Աپ
  • Աپ
DUVI Ourense 10/06/2024

Analizar e mellorar o coecemento sobre a alfabetizacin financeira das persoas emprendedoras e as súas consecuencias en aspectos como o rendemento e a propia supervivencia empresarial. Este é o obxectivo dun proxecto que desde principios deste ano e ata xaneiro de 2025 est a desenvolver un equipo formado por persoal investigador de Ecobas e das universidades de Vigo, Santiago de Compostela, Burgos e Valencia.

Concretamente, participan nel Ernesto Lpez (coordinador do proxecto desde a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense-鶹 e Ecobas), Marcos Álvarez, Luca Rey, José Berbel, Sara Fernndez e Roberto Graa. Nun mundo empresarial cada vez mis complexo, indica Lpez Valeiras, “a alfabetizacin financeira é clave para a toma de decisins informadas e o crecemento sostible das startups”, polo que amosa o seu desexo de que “este proxecto achegue un valor diferencial s persoas que deciden iniciarse no camio da creacin de empresas”.

O traballo xurdiu no seo de Accounting and Finance for Entrepreneurship Monitor (Affe), un observatorio promovido por Ecobas e o grupo GEM Galicia para estudar, sensibilizar e fomentar o desenvolvemento dunha axeitada xestin financeira, contable e de control de xestin en persoas emprendedoras e pequenos empresarios. Unha das lias de investigacin de Affe é a educacin financeira para emprendedores e emprendedoras e no marco desta lia xurde este proxecto, que acadou unha axuda da III Convocatoria Grupos de Աپ en Contabilidade, promovida polo Centro de Estudios Financieros.

O efecto Dunning-Kruger

Partindo da premisa de que existen “múltiples evidencias de que as competencias financeiras das persoas xestoras condicionan o rendemento dos negocios”, o proxecto est a analizar a presencia do efecto Dunning-Kruger en persoas emprendedoras en Espaa, as como a relacin entre as habilidades contables das persoas xestoras/propietarias e o nivel de restricins financeiras que enfrontan as micro e as pequenas empresas hora de solicitar un crédito en Espaa. O efecto Dunning-Kruger, explica Ernesto Lpez, é un fenmeno psicolxico que describe a tendencia das persoas con habilidades limitadas nun campo a sobreestimar as súas propias habilidades, mentres que aquelas con habilidades mis avanzadas tenden a subestimalas. “A presencia deste nesgo ten implicacins significativas nun contexto de emprendemento”, apunta o profesor da 鶹. As, un dos obxectivos principais do proxecto posto en marcha é investigar a presenza deste efecto en persoas emprendedores en Espaa, cun enfoque especfico no seu nivel de competencias contables e financeiras, é dicir, na súa alfabetizacin financeira.

O proxecto baséase na anlise de dúas fontes de datos. Por un lado, o equipo investigador utiliza unha base de datos propia formada por emprendedoras e emprendedores inscritos en programas de apoio e estmulo ao emprendemento en Espaa. Por outro, emprega datos extrados da Encuesta de Competencias Financieras en las Pequeas Empresas, realizada polo Banco de Espaa en 2021 e que recompila datos de 1120 propietarios de medianas e pequenas empresas independentes e con fins de lucro.

A investigacin, indican os seus promotores, pretende “ofrecer achegas significativas ao mbito prctico empresarial”. As, detallan, pode contribur a mellorar os programas de formacin, proporcionando datos concretos sobre as reas de mellora na alfabetizacin financeira de emprendedores e emprendedoras, orientando o desenvolvemento de programas de formacin especficos e adaptados s necesidades identificadas. Tamén, engaden, pode ser de utilidade no eido da toma de decisins, “facilitando unha comprensin mis profunda de como a percepcin de habilidades financeiras pode afectar toma de decisins, permitindo s e aos emprendedores tomar medidas concretas para mitigar posibles nesgos cognitivos”. Por último, a iniciativa tamén aposta por incentivar prcticas empresariais sostibles vinculando a alfabetizacin financeira co desempeo empresarial e fomentando a toma de decisins informada e estratéxica.