DUVI

Diario da 鶹

A investigadora do grupo Netec, Teresa Caneda, organizou unha homenaxe ao 'Ulises' de Joyce

Unha proxeccin e unha conversa conmemoraron hoxe na FFT o centenario ‘do artefacto literario moderno por excelencia’

Etiquetas
  • Estudantes
  • PDI
  • Vigo
  • Cultura
  • é
DUVI 01/12/2022

“O Ulises é unha novela que troca os heroes tradicionais por protagonistas profundamente vulnerables que existen nun mundo de precariedade social e persoal. Nunha novela que se centra nun da en Dubln en 1904, cabera esperar que os personaxes fosen os tpicos dublineses ‘normais’ pero Joyce opta por caracterizalos a través de trazos fsicos que revelan as súas orixes estranxeiras e polos seus comportamentos non normativos”, explica a docente e investigadora do grupo Netec da 鶹, Teresa Caneda, organizadora da conmemoracin do centenario da obra de James Joyce, que este medioda se celebrou na Facultade de Filoloxa e Traducin. Tras participar en congresos, homenaxes, conferencias e números especiais sobre os cen anos da publicacin de Ulises, Caneda organizou este xoves a proxeccin do filme de Run Magan O Ulises de James Joyce: Cen anos dunha obra mestra, “un filme de carcter documental, no que participan algunhas das voces crticas mis autorizadas que tivemos a fortuna de recibir na FFT hai anos”, explica a investigadora principal dun proxecto de Estudos Irlandeses sobre a representacin da vulnerabilidade na cultura contempornea.

Na conversa posterior co público asistente proxeccin, Caneda destacou que é moi tpico referirse novela de Joyce como unha obra que alterou o rumbo da literatura moderna “e que supuxo unha verdadeira revolucin na traxectoria da literatura occidental do século XX porque sacudiu os fundamentos estéticos e formais da narrativa europea e tamén cuestionou os fundamentos morais do seu tempo”. Para a docente e investigadora da FFT a revolucin que supuxo o Ulises e a súa influencia seguen vivas no s na nosa arte actual, “senn que as reflexins que as lectoras e lectores de hoxe poden extraer da novela teen plena vixencia ante acontecementos de actualidade que recordan a propia actualidade do autor irlandés”. Neste sentido, Caneda lembra que, exiliado desde comezos de século en Trieste, Joyce veuse obrigado a fuxir coa súa familia cando estalou a I Guerra Mundial e tivo que buscar refuxio na cidade neutral de Zúrich, entre 1915-1920, onde pasou os anos de pandemia que azoutou Europa en 1918, escribindo unha grande parte do Ulises baixo a condicin de cidadn desprazado como refuxiado de guerra.

Un exercicio supremo de transgresin e liberacin

Desde a súa publicacin en Pars o 2 de febreiro de 1922,o Ulises, que tivo defensores e detractores incluso antes, porque comezara a aparecer por captulos na Little Review de Chicago ata que foi censurada por obscena e prohibida polas autoridades xudiciais norteamericanas, converteuse nunha das novelas mis estudadas, mis comentadas e mis traducidas do século XX. “Neste ano que remata, no que estivemos a celebrar o centenario da publicacin do que eu chamara ‘o artefacto literario moderno por excelencia’ puidemos comprobar a grande repercusin da novela ao longo do tempo”, sinala Teresa Caneda, que lembra que a obra de Joyce sau luz grazas ao apoio que o escritor irlandés recibiu por parte de mulleres como activista sufraxista Harriet Shaw Weaver ou a libreira Sylvia Beach e a súa compaeira Adrienne Monier. “O Ulises, que remata co famoso ‘si’ da protagonista feminina, segue a recordarnos hoxe que a lectura é un exercicio supremo de transgresin e liberacin”, asegura Caneda.