Dez artistas e investigadores protagonizan unha exposicin no Pazo Torrado de Cambados
A provisionalidade permanente como carta de presentacin do grupo de investigacin PRACE
Trtase da primeira exhibicin colectiva deste grupo de Belas Artes
Mis de 25 obras, que xiran en torno ao paradoxo da provisionalidade do nacido para ser permanente e da permanencia do creado para ser provisional, realizadas por dez artistas e investigadores da Facultade de Belas Artes, integran a exposicin Provisionalidad permanente, que ata o 24 de marzo pode verse no Pazo Torrado de Cambados. Unha exposicin que constitúe as mesmo a “carta de presentacin” do grupo de investigacin PRACE (Procesos de Resistencia na Arte Contempornea Espaol), fundado polos artistas e docentes da facultade Chelo Matesanz, Mnica Ortuzar, Juan Carlos Romn e Javier Tudela, catro dos protagonistas dunha mostra colectiva que completan as creacins dos investigadores e investigadoras en formacin Iria Cortizo, Roi Domnguez, Alba M. Fandio, Julia Huete, Ventura A. Pérez e Yolanda Ros, todos eles estudantes de doutoramento que realizan as súas teses baixo a direccin e dentro das lias de traballo do grupo.
Empregando como “idea aglutinadora” un paradoxo presente tamén, sinala Tudela, no contexto actual da arte en Galicia, esta exposicin reúne unha serie de creacins que van da pintura, o debuxo e a escultura fotografa ou a instalacin, e que, a pesares de partir do traballo individual de cada participante, derivan en varios dos casos nun dilogo entre as propostas de diferentes artistas. As, Provisionalidad permanente reúne pezas como unha serie de debuxos de Ortuzar, “todos eles cun tema vexetal moi obsesivo”, xunto serie de cadros de pequeno formato nos que, partindo de oxidacins de diferentes materiais, Juan Carlos Romn achega unha reflexin “moi irnica sobre a propia pintura”, como apunta Tudela. Visin irnica tamén presente nunha das propostas de Matesanz, unha pintura no que fai uso da tea para xogar coa textura e a imaxe e que esta artista e docente suma ademais unha peza cermica “na que tamén manexa elementos moi irnicos do propio procedemento da cermica e da construcin da imaxe”, salienta Tudela, quen súa vez presenta nesta mostra colectiva unha obra que, facendo uso dunha piragua, reflexiona “sobre os procesos no taller” xunto cunha instalacin audiovisual “con representacins de situacins cotis reflectidas no mbito do virtual”.
A diversidade de disciplinas artsticas e de abordaxes desa provisionalidade permanente faise presente as mesmo no traballo con materiais frxiles como o pan, que a alumna de doutoramento Yolanda Ros emprega nas tres pezas que achega a unha exposicin na que Ventura Pérez fai uso de “obxectos moi poéticos e tamén moi frxiles” para presentar unha serie de obras relacionadas “coa representacin de arquitecturas”. Do mesmo xeito, tamén Iria Cortizo fai uso “dunha serie de obxectos poéticos” nunha exposicin que achega tamén unha peza pictrica que combina o debuxo co collage, técnica da que tamén emprega, valéndose de materiais téxtiles, Alba Fandio, quen exhibe ademais en Cambados “dúas fotografas que teen que ver con postas en escena mis teatrais”. As esculturas e instalacins que Roi Domnguez propn nesta mostra, xunto con outra serie de obras “mis obxectuais”, completan, xunto cos debuxos e as obras en tea de grandes dimensins de Julia Huete, as propostas que estes dez artistas reúnen en Provisionalidad permanente, exposicin que poder visitarse neste espazo do Concello de Cambados ata o 24 de marzo.
Investigacin artstica desde a resistencia
Coordinado por Ortuzar, o recentemente creado grupo PRACE ten como leit motiv as “moitas lecturas” da idea de resistencia, un concepto que “ten que ver coas preocupacins contemporneas en relacin coa arte, coa desaparicin de institucins artsticas no contexto galego, coa falta de polticas culturais, co mercado artstico, co descrédito s artes e humanidades no sistema educativo, ten que ver cos modelos e valores da sociedade contempornea”, vez que coas propias dificultades da arte hora de “encaixar dentro dos marcos de investigacin da universidade espaola”, a pesares da “creacin e innovacin” que implica unha formacin “que xera persoas cunha perspectiva moi crtica e inhabitual”, sinala Tudela. Revisar desde “diferentes perspectivas esa idea de resistencia na arte contemporneo” constitúe nese senso un dos obxectivos cos que os investigadores e investigadoras do grupo Prace prepararan actualmente unha publicacin co propsito de completar, reunindo as reflexins de diferentes integrantes do grupo, esta “carta de presentacin” en formato expositivo de PRACE.
