DUVI

Diario da 鶹

Nunhas xornadas celebradas na Facultade de Filoloxa e Traducin

Profesionais da interpretacin toman o pulso s principais problemticas e necesidades do sector en Galicia

Descenso do prezo dos servizos e incremento de empresas forneas, entre as principais problemticas

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • Universidade e empresa
  • é
D. Besado DUVI 05/02/2019

Debater e conversar sobre o estado da profesin para detectar problemas e desear posibles solucins. Este é o grande obxectivo da xornada , un encontro que reuniu na Facultade de Filoloxa e Traducin a un nutrido grupo de profesionais da interpretacin, as como a representantes das principais empresas, tanto deste sector como do da organizacin de eventos, e os clientes finais.

Organizadas por AGPTI, a Asociacin Galega de Profesionais da Traducin e a Interpretacin, coa colaboracin da 鶹, a posta en marcha destas xornadas xurdiu ante a deteccin nos últimos tempos de determinadas mudanzas no sector. “Desde hai un tempo percibimos a necesidade de establecer un debate profundo sobre as condicins de traballo, as principais novidades do mercado, inclundo tanto as novidades técnicas como a presenza de novos axentes”, explicou Iria Taibo, presidenta de AGPTI na apertura das xornadas, intre no que tamén aproveitou para agradecer a boa disposicin da facultade para acoller as xornadas, destacando especialmente toda a implicacin da profesora Ana Luna, “piar fundamental” na organizacin do evento. “Neste debate unha parte moi importante son as persoas que se dedican a isto, as intérpretes, mais tamén consideramos que nesta ocasin era importante abrir ese debate ao resto de axentes que conforman ese mercado”, subliou Taibo.

Xunto presidenta de AGPTI a apertura do encontro contou coa participacin do decano do centro, Luis Alonso Bacigalupe, profesor do Departamento de Traducin e Lingüstica, que fixo fincapé na importancia de debater e discutir sobre este tema “sobre todo, para desear posibles solucins coa participacin de todos os axentes implicados”. Tamén nesta idea incidiu Taibo, quen fixo fincapé en que “o mercado galego ten unhas especificidades moi concretas que o diferencian doutros mercados e por iso era importante para ns contar coas empresas que contratan eses servizos e tamén coas entidades que son as destinatarias finais”.

As empresas de organizacin de eventos advirten dos perigos da contratacin de persoas sen titulacin

Tras a apertura das xornadas, tivo lugar a primeira mesa redonda e nela contouse coa participacin das empresas de interpretacin e de organizacin de eventos e dos clientes finais, que tiveron a oportunidade de falar sobre como ven elas o mercado na actualidade, tanto aquelas que fan de intermediarias entre clientela final e intérpretes coma os propios clientes finais. Encargouse de moderar o debate Lara Domnguez, intérprete de conferencias e doutora en Interpretacin, e nel interviron Ada Cordeiro, da empresa Attesor Traduccin y dzܲԾ; Elena Martn, xerente de Nartran Translations; Ana Trevisani, presidenta da Asociacin Galega de Organizadores Profesionais de Congresos –OPC Galicia-, e Belén Vallina, xerente da Vigo Convention Bureau.

Entre todas tentaron facer un pequeno esbozo de como estn as cousas no sector neste momento, destacando, sobre todo, dúas preocupacins fundamentais: a presenza cada vez maior de empresas que veen de fra –sobre todo Madrid e Barcelona- e o descenso do prezo dos servizos. “Cando chegou a crise o certo é que nos descolocou a todos, non s ao mundo da construcin, e penso que en moitos aspectos creouse a sensacin de que todo o que via de fra era mellor”, explicou Ana Trevisani, ao que engadiu que “hoxe afortunadamente hai sectores no que isto xa se superou, pero non en todos, de a a necesidade de unirse como colectivo e facerse ver”. Desde o seu punto de vista, “anda hai demasiadas organizacins que non valoran suficientemente a importancia de traballar con intérpretes profesionais”, o que as leva, segundo explicou a recorrer a persoas con tarifas mis reducidas, pero que non son tituladas e non dominan a profesin, “polo que o resultado final non acostuma ser bo e acaba prexudicando a todos”.

De xeito complementario a esta primeira mesa redonda, a segunda rolda de intervencins, moderada polo decano da facultade, estivo protagoniza polas profesionais da interpretacin e nela intervieron Iria Castro, Mara Reimndez, Michael Skinner e Tania Souto. O obxectivo era falar da situacin actual da profesin, non s para queixarse (“que tamén”), senn para facer propostas desde o punto de vista das caras visibles da interpretacin e das persoas que estn mis en contacto con todos os axentes implicados. “Preocúpanos que estas mudanzas que est a sufrir o mercado profesional poida ter consecuencias negativas sobre a súa calidade e estabilidade”, explicou a presidenta de AGPTI, “por iso queremos entender os motivos e procurar o xeito” de que tanto as persoas que se dediquen a isto no futuro –que estn na actualidade formndose na FFT- como aquelas que teen anos de experiencia poidan exercer o seu traballo dun xeito digno.