DUVI

Diario da 鶹

Nas Conversas Empresa Universidade, que promove o Campus Crea

Profesionais da fotografa, creatividade, fisioterapia e deseo achegarn o alumnado ao seu futuro laboral

Nunha serie de encontros entre o 27 de outubro e o 1 de decembro

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Congresos e xornadas
  • Emprender
  • Estudantado
  • Universidade e empresa
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 20/10/2023

Achegar o alumnado realidade profesional en diferentes sectores é o obxectivo das Conversas Empresa Universidade, unha serie de encontros promovidos polo Campus Crea, coa colaboracin da Deputacin de Pontevedra e o Consello Social da 鶹, que tern como protagonistas unha vintena de profesionais da fotografa, a creatividade, a fisioterapia e o deseo. “Que empresas e profesionais poidan darlles a súa visin sobre o mercado laboral é algo moi importante para o alumnado”, salienta a directora da Área do Campus de Especializacin Crea, Ana Belén Fernndez Souto, dunha actividade que arranca o venres 27 na Casa das Camps cun encontro sobre fotografa. A continuacin, o luns 30 ter lugar unha xornada sobre creatividade publicitaria na Facultade de dzܲԾ, mentres que  a do 9 de novembro centrarase na fisioterapia, pechndose esta iniciativa, entre o 27 de novembro e o 1 de decembro, cunha serie de talleres na Facultade de Deseo.

Coa excepcin destes talleres, que polo seu formato estarn limitados ao alumnado desta facultade, o resto de xornadas estn abertas tanto ao estudantado como ao público xeral. Nelas, explica Fernndez Souto, participarn “desde profesionais que crearon a súa propia empresa a persoas que traballan por conta allea e que xa teen un percorrido”, que achegarn ao alumnado tanto "a súa visin da realidade do seu sector e do seu futuro inmediato”, como o seu percorrido profesional. 

Protagonismo para egresados e egresadas

A primeira destas conversas ter lugar o vindeiro venres 27 na Casa das Camps e estar centrada nunha disciplina que forma parte dos plans de estudos de varias das titulacins do campus, a fotografa. Contar coa participacin do exalumno da Facultade de dzܲԾ Gabriel Mar, que traballou como fotgrafo e director de arte para diferentes marcas de moda, e con dúas profesionais que optaron por crear os seus propios estudios, Susana Ros e Bea Ciscar. Tamén participarn o director do centro de impresin en gran formato Imprimeverde, Daniel Rodrguez, e o director adxunto da axencia de publicidade Ecovigo, Carlos Prado. Por motivos da capacidade da sala, esta primeira conversa require de inscricin previa, a través do correo xes.crea@uvigo.gal.

O luns seguinte, a Facultade de dzܲԾ acoller a xornada centrada na creatividade, que ter como protagonistas cinco profesionais que se formaron neste centro. Trtase de Noelia Estévez, socia fundadora do estudio Desoos; Um de Oliveira, quen actualmente traballa na consultora NTT Data; Lidia Dosil, do departamento de mrketing de Casa Grande de Xanceda; e dous egresados que impulsaron o seu propio estudio, Irene Garca e Rafa Vzquez. 

Tamén con protagonismo para profesionais formados na facultade, Fisioterapia acoller o 9 de novembro un encontro no que participarn catro egresados, Alejandro Varela, do Servizo Galego de Saúde; Xoel Hermelo, director das Clnicas Saúde Sport; Hugo Ogando, fundador de ClnicasOn; e Alejandro Fernndez, responsable da Clnica San Lzaro de Vigo; xunto co fisioterapeuta do Hospital Rivera Povisa Carlos Cceres.

Finalmente, este ciclo pecharanse con tres workshops dirixidos ao alumnado da Facultade de Deseo; un centrado na ilustracin para moda, a cargo da deseadora e exalumna de Esdemga Áurea Aburto; outro sobre deseo de embalaxe, co estudio Cenlitrosmetrocadrado; e un terceiro enfocado ao deseo editorial, da man do estudio Desescribir.