DUVI

Diario da 鶹

Nunhas xornadas sobre xustiza e xénero celebradas na Facultade de CC Xurdicas e do Traballo

A presidenta do Consello Xeral da Avogaca reclama que a Lei de Igualdade tea carcter imperativo e sancionador

Con mis de 150 inscritos, as especialistas demandaron a solucin de múltiples cuestins pendentes

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Igualdade
  • é
D. Besado DUVI 05/10/2018

“Temos unha das leis de igualdade mis avanzadas de toda Europa e, polo contra, non estamos a avanzar todo o que se debera, por iso debemos preguntarnos que est pasando e, nese senso, estou convencida de que o principal problema é, precisamente, a falta de carcter imperativo e sancionador desta lei, unha lei que apela fundamentalmente ao voluntarismo, pero que non ten capacidade de sancionar nin de impor”. As de contundente se amosou esta ma  a presidenta do Consello Xeral da Avogaca, Victoria Ortega, na apertura da xornada , celebrada na Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo e que asistiron mis de 150 persoas, fundamentalmente alumnado do centro, pero tamén un importante número de profesionais de Vigo e Pontevedra.

“Alguén se podera imaxinar que o Cdigo Penal dixera algo as como que os espaois procurarn non defraudar a facenda? A que non? Pois isto é o que est a pasar coa Lei de Igualdade, que sempre vai cun dobre verbo, procurar implementar, e a est o problema, o verbo procurar sobra”, lamentou Ortega, primeira muller en situarse a fronte deste rgano xudicial, quen tamén fixo fincapé en que se ben agora algunhas comunidades autnomas estn traballando en novos textos, na súa opinin non se precisan novos textos, senn “simplemente”, dotar de carcter imperativo e sancionador a lei actual.

Descricin en cifras dos teitos de cristal na avogaca

Na súa intervencin, titulada Os teitos de cristal no exercicio da avogaca, a representante dos letrados de toda Espaa fixo un debuxo claro da situacin da xustiza en Espaa no que a perspectiva de xénero se refire. Entre outros datos explicou que as mulleres son hoxe na carreira xudicial o 52,3%; hai 2858 xuzas e maxistradas; son tamén maiora na xustiza en todas as comunidades autnomas dentro do mundo da xustiza, excepto en Aragn, Murcia e Navarra e elas son tamén maiora en determinados ordes xudiciais: nos xulgados de primeira instancia, en menores, do penal, nos de violencia de xénero... Polo contrario, no Tribunal Supremo e na Audiencia Nacional a súa presenza é minoritaria (27%), e o mesmo acontece nos rganos colexiados por debaixo do Tribunal Supremo. 

“Todos temos gravada a fotografa que cada ano se fai da apertura do ano xudicial, coa presenza do xefe do Estado, e ano tras ano, son todos homes”, explicou Ortega, quen tamén lembrou que en corenta anos de democracia s houbo dúas ministras de Xustiza; unha presidenta do Tribunal Constitucional e dúas fiscais xerais do Estado. “No que respecta avogaca, no ano 2001 as mulleres eran o 33% dos avogados, hoxe o 48%, porcentaxe que se eleva ata o 53% se nos centramos s na franxa de idade inferior aos 35 anos”, recalcou a experta, ao que engadiu que outro bo indicador é o da xustiza gratuta “un dos servizos públicos que mellor funciona neste pas e no que o número de avogadas de oficio é do 48%, con 22.000 letradas, un 3% mis ca en 2016”.

Compartindo mesa con Victoria Ortega, estiveron tamén Elena Ocejo, presidenta da Asociacin de Avogadas para a Igualdade, quen examinou en que medida se incorporou ou, no seu caso como se pode activar o enfoque de xénero na actuacin letrada como ferramenta de cambio social, e tamén Lourdes Carballo, decana do Colexio de Avogados de Vigo, que exerceu de moderadora deste primeiro panel das xornadas.

Novos profesionais capaces de traballar con perspectiva de xénero

Dirixidas pola profesora Mara Antonia Arias e coordinadas polo profesor Ángel Aday Jiménez, a organizacin destas xornadas, patrocinadas pola Unidade de Igualdade, xurde da conviccin de ambos docentes da necesidade de formar profesionais do dereito e das relacins laborais capaces de traballar con perspectiva de xénero. “Tratamos que sexa unha cuestin que estea sempre presente, tanto nos estudos de grao como nos de posgrao, ao mesmo tempo que se aborda unha materia de mxima actualidade xurdica, poltica e social”, explica Arias, ao que o seu compaeiro engade que “nesta ocasin observamos unha demanda por parte do noso alumnado de coecer de primeira man a que retos se estn enfrontando aquelas e aqueles que traballan no mbito da xustiza en materia de igualdade entre homes e mulleres e penso que acertamos dado o elevado número de persoas que se inscribiron”.

“Queriamos que os diferentes colectivos que compoen o mbito da Xustiza estivesen representados mediante profesionais que estean implicadas directamente na solucin das múltiples cuestins pendentes que a Xustiza anda ha de resolver en relacin coa igualdade entre mulleres e homes”, recalcou a directora das xornadas.