DUVI

Diario da 鶹

Entregaranse o vindeiro mércores coincidindo coa celebracin de San Tomé

Premios Egeria 2025: tres teses, un TFM e dous TFG comprometidos coa igualdade

Abordan a desigualdade nos medios, a diversidade, a reinterpretacin crtica do pasado...

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Estudantado
  • Igualdade
  • Estudantes
D. Besado DUVI 23/01/2026

Xa est todo listo para a entrega dos Premios Egeria 2025, galardns cos que a 鶹 premia cada ano a aqueles alumnos e alumnas que realizan os seus Traballos Fin de Grao, Fin de Mestrado e teses de doutoramento tendo en conta a inclusin da perspectiva de xénero. A cita ser o vindeiro mércores coincidindo coa celebracin de San Tomé de Aquino, patrn da Universidade, e nela coincidirn os seis estudantes premiados nesta edicin: Clara Snchez Vzquez, Mª del Carmen Costas Ferreira e Nazaret Blanco Pardo, gaadoras na categora de teses; Sara Nieto Fernndez, na de Traballo Fin de Mestrado, e Ángel Manuel Vieites Rúa e Carla Nava Prol, en Traballos Fin de Grao.

Infrarrepresentacin das mulleres na prensa

Na categora de teses de doutoramento, galardns dotados cunha conta de 1000 euros para cada unha das investigacins premiadas, a que obtivo unha maior puntuacin foi a realizada por Clara Snchez Vzquez, autora dunha investigacin sobre a representacin e o papel das mulleres nos xornais galegos La Voz de Galicia e Faro de Vigo entre 2010 e 2020, desde unha perspectiva de xénero, tese defendida na Facultade de dzܲԾ o pasado mes de setembro.  

Tras analizar en detalle mis de 3000 pezas informativas e 5000 suxeitos informativos, a autora avala nesta investigacin os roles das mulleres como protagonistas das noticias e como autoras. Os resultados revelan unha clara infrarrepresentacin das mulleres como suxeitos informativos, as como unha forte segregacin vertical e horizontal no desempeo profesional das mulleres nos medios. “A estrutura meditica galega mantén un marcado androcentrismo, reproducindo estereotipos e desigualdades”, indica a investigadora, ao tempo que fai fincapé en que esta situacin contrasta coas conquistas sociais das mulleres e cos avances promovidos polos movementos feministas. 

As outras dúas teses premiadas son as realizadas pola investigadora Mª Carmen Costas Ferreira, un estudo no que se analizan os efectos neurotxicos do glifosato e da súa formulacin comercial Roundup® no estriado de ratas femias adultas, incorporando unha perspectiva de xénero para visibilizar a fisioloxa feminina na investigacin preclnica; e a de Nazaret Blanco Pardo, sobre cisheteronormatividade, etnocentrismo, idadismo e prcticas de outredade en adolescentes.

Álbum ilustrado sobre 'Elisa e Marcela' para fomentar a igualdade 

Na categora Traballos Fin de Mestrado, dotados con 600 euros, o galardn foi para Elisa e Marcela, proxecto realizado pola deseadora e ilustradora Sara Nieto Fernndez, egresada do Mster en Direccin de Arte e Publicidade.

Neste caso a autora propn a creacin dun lbum ilustrado infantil comprometido coa diversidade, a igualdade e a educacin en valores desde idades tempers. O obxectivo principal é ofrecer un recurso didctico que visibilice a diversidade afectivo-sexual e recupere referentes histricos silenciados. A obra parte da historia real de Elisa e Marcela, protagonistas do primeiro matrimonio entre dúas mulleres en Galicia en 1901, nun contexto social conservador. A través desta narrativa, búscase honrar a súa memoria e achegar infancia unha realidade que segue vixente, promovendo respecto e inclusin. 

O formato de lbum ilustrado destaca polo seu potencial pedagxico para tratar temas complexos de forma accesible e emocionalmente prxima. O proxecto persegue, tal e como explica a súa autora, tres metas principais: divulgar a historia desde unha perspectiva histrica, crear unha narrativa adaptada ao público infantil e fomentar a educacin en diversidade sexual como ferramenta para a igualdade. “Este premio é para min un orgullo. Dar visibilidade a temas moitas veces silenciados sempre é necesario”, explica Nieto, ao que engade que con este traballo s agarda poder achegar o seu pequeno “gran de area cara este colectivo, axudando a fomentar o respecto, a diversidade e a igualdade desde a infancia”.

Xénero e arte rupestre: reinterpretando o pasado 

No que respecta aos Traballos Fin de Grao, premiados con 500 euros, a maior puntuacin foi para Ángel Manuel Vieites Rúa, do Grao en Xeografa e Historia, por un proxecto no que analiza a arte rupestre na Prehistoria recente peninsular desde unha perspectiva crtica de xénero. O autor parte dunha revisin historiogrfica e terica das Arqueoloxas de Xénero para cuestionar os nesgos androcéntricos e sexistas presentes nas interpretacins tradicionais e na prctica arqueolxica. Examnanse as principais tradicins rupestres —Levantina, Macroesquemtica, Esquemtica e Atlntica— para identificar como se constrúen as identidades de xénero e o papel das mulleres e outros suxeitos subalternizados. 

A investigacin combina anlise iconogrfica con metodoloxas recentes e reflexiona sobre a linguaxe, os silencios historiogrficos e a invisibilizacin das investigadoras, realizando, ao tempo, unha revisin sistemtica de estudos clave, destacando achegas femininas no mbito da Arte Rupestre do Noroeste.  Proponse, as, “unha reinterpretacin do pasado prehistrico que supere paradigmas patriarcais, apostando por unha Arqueoloxa inclusiva e plural”.

“O Premio Egeria supn para min un recoecemento enorme ao traballo realizado ao longo destes meses, pero tamén unha meta superada para o Ángel de primeiro curso que sen dúbida non esperaba chegar tan arriba”, salienta Vieites, quen lembra a súa primeira clase do grao, Introducin etnoloxa, con Beatriz Comendador e Andrea Mourio como docentes, quen me inspiraron dende o primeiro momento a acadar todo o que me propuxera e son elas as mesmas que dirixiron o meu traballo e me apoiaron tanto en todos os pasos dados”. Desde o seu punto de vista, “a perspectiva de xénero debe ser algo transversal en todos os estudos e non un caixn estanco ou illado”, recalca o alumno, matriculado agora no Mster en Valoracin, Xestin e Proteccin do Patrimonio Cultural da 鶹, onde busca especializarse nesta rama e seguir traballando nas lias de investigacin “que tanto me apaixonan”. 

Xunto a este traballo galardouse tamén o TFG de Carla Nava Prol, egresada do Grao en Dereito, traballo no que analizou o impacto do populismo punitivo nas reformas penais sobre a violencia de xénero en Espaa, centrando a atencin na Lei Orgnica 10/2022 e na súa modificacin pola Lei Orgnica 4/2023, normas aprobadas baixo forte presin social e meditica.