DUVI

Diario da 鶹

Estase a celebrar unha nova edicin do obradoiro de gaita

A pesar da covid, a música tradicional galega volve a soar no campus

Son nove as persoas inscritas

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • ú
  • Cultura
DUVI Ourense 02/11/2020

Nos últimos anos, o obradoiro de gaita galega que se oferta cada curso académico no campus de Ourense tense convertido nun espazo no que persoas amantes deste instrumento acoden semanalmente para a aprender a tocar mellor, a ensaiar e a compartir o gusto pola música tradicional galega con outras persoas con inquedanzas musicais afns. A pesar das limitacins provocadas pola pandemia da covid-19, a iniciativa continúa este curso académico celebrando desde o pasado 15 de outubro e ata o 17 de decembro a súa sétima edicin consecutiva.

A iniciativa forma parte da programacin de extensin universitaria que organiza este cuadrimestre a Vicerreitora do Campus de Ourense con financiamento da Deputacin de Ourense, sendo xunto s aulas de teatro e danza unha das propostas que conta nesta programacin cunha traxectoria mis duradeira e cun público mis fidelizado. A formacin continúa mantendo as súas 30 horas de formacin e como lugar de celebracin o pavilln de estudantes do campus, onde as e os participantes se dan cita unha vez semana. Al afondan no coecemento da gaita galega, abordando aspectos como as técnicas de gaita, os tipos de dixitacin, o repertorio, a afinacin ou a ornamentacin. Durante a formacin tamén se achegan a diversos aspectos da música tradicional e dun xeito especfico percusin tradicional.

Medidas preventivas

Esta edicin, explica Gonzalo Abelairas, músico que dirixe e imparte o obradoiro, a matrcula pechouse con nove prazas cubertas debido s restricins de aforo previstas polas medidas de loita contra a covid-19, o que fixo que, apunta, non se puidesen matricular todas as persoas interesadas. Seguindo a dinmica de anteriores anos, o perfil de participantes combina tanto persoas “que comezan de cero” con outras que continúan a súa formacin despois de ter participado en anteriores edicins do obradoiro. Para o desenvolvemento das clases, as e os inscritos estn divididos en dous grupos de traballo, atendendo tanto s limitacins de espazo e medidas sanitarias como ao seu nivel de formacin previo. “A verdade é que estamos moi contentos coa xente e os grupos formados”, comenta Gonzalo Abelairas.

As restricins e medidas derivadas da loita contra a covid-19 condicionan, ao igual que acontece coas demais actividades formativas, a celebracin do obradoiro, tal e como explica o seu responsable. As, detalla, entre outras medidas, a mscara é obrigatoria para as e os presentes na sesin excepto no momento especfico de tocar a gaita. Ademais, engade, as aulas onde se desenvolven as clases mantéense en todo momento ventiladas, con vents e portas abertas, ademais de respectar o uso de xeles hidroalclicos entrada e durante a sesin, as distancias de seguridade e demais medidas preventivas xerais. “Botamos de menos poder tocar algún tema todas e todos xuntos pero igualmente estamos moi contentos de poder celebrar o obradoiro e seguir a pesar da situacin”, comenta Gonzalo Abelairas.