DUVI

Diario da 鶹

Leonardo Feichas ofreceu no campus un recital centrado na obra de Flausino Valle

Un percorrido sonoro e didctico polo legado do ‘Paganini brasileiro’

Combinou a interpretacin coa presentacin da súa investigacin sobre este compositor

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • ú
  • Cultura
DUVI Pontevedra 06/02/2020

Considerado o “Paganini brasileiro” dous dos preludios do compositor Flausino Valle (1894-1954) foron gravados e interpretados por numerosos violinistas de todo o mundo. Mais, ao mesmo tempo, boa parte da súa obra “continúa sendo descoecida”, como salienta o concertista e profesor de violn na Universidade Federal do Acre Leonardo Feichas, que este xoves ofreceu na Escola de Enxeara Forestal un concerto didctico centrado na obra deste compositor. Promovido polo profesor de Pedagoxa Musical da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte Marco Lucato, xunto coa Vicerreitora do campus, nesta actuacin combinouse a interpretacin de 15 dos 26 preludios de Valle coa presentacin dalgúns dos resultados da investigacin que, no marco de doutoramento en Artes Musicais da Universidade Nova de Lisboa, Feichas centra neste compositor.

“O caso de Flausino Valle é curioso, porque é mis coecido en Europa que no Brasil”, explicou Feichas que lembrou que, a comezos do pasado século, o reputado violinista lituano Jascha Heifetz entrou en contacto con Valle no Brasil, para posteriormente gravardous dos seus preludios nos Estados Unidos. “A partir disto, todos os grandes violinistas europeos gravan eses dous preludios, mais os outros continúan sendo descoecidos, non transcenden”, apunta Feichas, que iniciou hai preto de 15 anos a súa investigacin sobre este compositor. Ao longo deste perodo, e tras entrar en contacto co fillo do compositor, a propia investigacin foi de feito modificando a forma de interpretar os 26 preludios do ”Paganini brasileiro”.De feito, neste concerto didctico Feichas acompaou a interpretacin das pezas cunha explicacin de cada unha delas e a proxeccin das partituras orixinais, xa que o seu propsito nesta actividade era amosar "os resultados preliminares" da súa investigacin e das "moitas sutilezas atopadas” no seu estudo respectocomo estas pezas eran executadas polo seu creador, “sutilezasque moitas veces a partitura non mostra”.

Da Sorbona aPontevedra

“Este recital é moi especial para min porque vouno facer cun violn que foi do Flausino, que a familia cedeume en 2017”, recoeca ao inicio deste concerto Feichas, que, tras moitos anos interpretando e estudando a obra de Valle, iniciaba nestes das a súa primeira serie de concertos con este violn. De feito, a pasada semana ofreca esterecital didctico na Universidade da Sorbona e, tralo seu paso polo campus pontevedrés,nos prximos das far o mesmo na Embaixada do Brasil en Roma e na Universidad de Granada.