DUVI

Diario da 鶹

O debuxante vigués estréase coas súas vietas no calendario do 2026

Pepe Carreiro ilustra o novo almanaque de ANL que volve poer en valor o uso do galego

Os 2000 exemplares impresos podern recollerse nas conserxaras a partir do 7 de xaneiro

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Lingua Galega
  • Institucional
DUVI 16/12/2025

Baixo unha forte chuvia e co edificio Miralles do campus de Vigo de fondo, un home baixo un paraugas di: “Non doulle collido o punto os pronomes, non me che entran”, ao que outro responde: “A modo Moncho non vas ser don Ramn dun da para outro. Don Ramn Otero Pedrayo, digo”. Esta é unha das once vietas coas que o ilustrador vigués Pepe Carreiro acompaa cada un dos meses do almanaque 2026 da Área de Normalizacin Lingüstica (ANL) da 鶹, que acada este ano a súa novena edicin.

Precisamente a incorporacin de Pepe Carreiro ao proxecto é a principal novidade do calendario para o 2026, que nas súas últimas edicins ilustrara Lus Davila. O que si mantén un ano mis o almanaque é a idea central de transmitir a través das vietas que acompaan a cada un dos meses, a importancia do uso do galego por parte dos membros da comunidade universitaria, as como o sentimento de “orgullo do noso”, dun idioma que se emprega en todos os mbitos desde o investigador, ao docente, pasando polo de lecer.

O almanaque ten dúas versins: unha que se pode descargar en lia e outra impresa, da que se imprimiron 2000 exemplares, que os membros da comunidade universitaria podern recoller a partir do 7 de xaneiro nas conserxaras das escolas, facultades e centros dos tres campus.

Localizacins ilustradas da 鶹

O almanaque, que como en edicins anteriores reflicte mes a mes as datas de celebracin dos e das patroas das escolas e facultades da 鶹, incorpora nas vietas de Pepe Carreiro ilustracins de localizacins recoecibles dos campus. É o caso do edificio Miralles e a pasarela da Facultade de Ciencias Econmicas e Empresariais do campus de Vigo, que aparecen os meses de febreiro e xullo, respectivamente, ou a fachada da Facultade de dzܲԾ do campus de Pontevedra, que ilustra o mes de decembro.

As mesmo, as vietas de Carreiro tamén reproducen outros espazos tan recoecibles das cidades nas que se localizan os campus, como a escultura O Sereo da Porta do Sol de Vigo ou as termas da Chavasqueira de Ourense. A isto, engdense espazos propios da vida universitaria como un aula, unha oficina ou un comedor.