DUVI

Diario da 鶹

Aberto a toda a cidadana, que se solicita un quilo de alimentos non perecedoiros

O Pavilln Universitario acolle este xoves o XXI Maratn Solidario de Zumba

Os produtos doaranse ao comedor dos Pais Franciscanos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Pontevedra 24/11/2025

Actividade fsica, baile e solidariedade combnanse un ano mis no Maratn Solidario de Zumba, co que a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade e da Vicerreitora do campus de Pontevedra buscan contribur ao labor social que desenvolven no comedor dos Pais Franciscanos. O Pavilln Universitario acoller este xoves 27 a edicin número 21 desta actividade aberta a toda a cidadana, que se lle solicita que achegue un quilo de alimentos a modo de inscricin. A actividade desenvolverase entre as 19.00 e as 21.00 horas e todos os produtos reunidos sern doados a este comedor social.

Como explica o técnico da Área de Benestar, Deporte e Saúde Gustavo Loureiro, este XXI Maratn Solidario de Zumba mantén o seu formato habitual, constitundo xa unha cita fixa na programacin deportiva do campus nas semanas previas ao Nadal. Aberto a persoas de todas as idades, que podern sumarse actividade o tempo que consideren, este encontro contar novamente coa participacin de Bruno Hermida, na coordinacin dun equipo de monitores e monitoras, Este encargarase de facer bailar e moverse ao ritmo das diferentes coreografas s persoas participantes nun maratn centrado nunha disciplina que combina os exercicios aerbicos cos movementos de baile.

Un ano mis, o maratn conta coa colaboracin de Gadis e Coca-Coca, que achegarn as bebidas, froita e barrias enerxéticas s e aos asistentes.

Na súa anterior edicin, este Maratn Solidario de Zumba contou coa participacin dun centenar de persoas, que permitiron reunir preto de 200 quilos de alimentos para este comedor social.