DUVI

Diario da 鶹

Nela medanse catro formacins creadas polo estudantado no marco dunha materia

Un partido inspirado en ‘Paquita Salas’ imponse na contenda electoral do alumnado da Facultade de dzܲԾ

Na votacin participaron 237 persoas e Puro Show logrou a vitoria por cinco votos de diferencia

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Estudantado
  • é
DUVI Pontevedra 09/05/2025

Por tan s cinco votos de diferencia, o partido Puro Show, cunha estética inspirada na serie Paquita Salas, proclamouse gaador das eleccins nas que catro formacins creadas polo alumnado da Facultade de dzܲԾ disputbanse parte da súa nota nunha materia. Un total de 237 persoas participaron ao longo deste xoves nunha votacin aberta a todo o alumnado e persoal do centro, coa excepcin das e dos participantes nesta contenda electoral. 

Promovida polo profesor Xosé Rúas, o obxectivo desta iniciativa é que o alumnado do Grao en Publicidade e Relacins Públicas poa en prctica os coecementos adquiridos na materia ‘Técnicas de comunicacin electoral e institucional’, no desenvolvemento dunha campaa, que se completaba este xoves cunhas votacins “disputadsimas”, como recoece este docente, e nas que so houbo sete votos de diferencia entre o primeiro e o terceiro clasificado.

Coa alumna Carla Pazos como candidata, Puro Show FCom, unha formacin que pua o foco no benestar e na saúde mental do estudantado, logrou 74 votos. En segundo lugar, con 69 apoios, rematou Freaky Blinders, formacin que avogaba pola defensa da cultura e que baseaba a súa estética na serie Peaky Blinders. Dous votos menos, 67, acadou Facomshakes, partido que inspiraba a súa estética nunha marca de roupa urbana, mentres que Erres, que aluda coa súa imaxe ao programa La Revuelta, logrou 27 votos.  

Preto de dúas semanas de campaa 

Esta votacin pua peche a preto de dúas semanas de campaa, nas que houbo lugar tanto para mitins e un debate coas candidatas dos catro partidos, como para as diferentes iniciativas levadas a cabo por cada formacin. Desenvolvidas tanto nos espazos cos que contaron na facultade como a través das redes sociais, estas abrangueron desde coloquios, xogos ou sorteos ata o reparto de comida, xunto a outra serie de propostas. Entre elas, iniciativas como os murais que convidaban ao alumnado a sinalar “que facan cando non podan mis” ou “o mellor consello que lles deran”, impulsados por Puro Show, que levou tamén a cabo unha recollida de sinaturas “para intentar implantar un psiclogo na facultade”, segundo explica a súa candidata.  

O alumnado de Direccin e Xestin Pública acertou o gaador

Esta contenda electoral contou coas súas propias sondaxes, que correron a cargo do estudantado da materia ‘Métodos cuantitativos de investigacin social’, do Grao en Direccin e Xestin Pública. Divididos en dous grupos, once estudantes levaron a cabo dúas enquisas que, en conxunto, permitronlles coecer a intencin de voto de mis de 160 persoas. Ambos grupos, explica o profesor Raúl Pérez, presentaron un informe “coas súas respectivas estimacins de voto” que, en ambos casos, daban como gaador a Puro Show, anda que cunha porcentaxe de apoios do 47% e do 37%, superiores aos que finalmente acadou este partido (31%). Realizadas tanto na primeira semana de campaa como este luns, ambas enquisas situaban en segundo lugar a Facomshakers, por riba de Freaky Blinders, e as dúas sinalaban tamén a Erres como o partido con menos apoios.