O investigador Anxo R. Lemos publica un libro sobre a orixe da toponimia desta parroquia viguesa
A parroquia de Santo André de Comesaa recupera a súa identidade toponmica
É o quinto volume dunha coleccin editada pola Universidade e o Concello de Vigo
A coleccin Toponimia do Val do Fragoso segue ampliando o coecemento sobre as parroquias viguesas, desta volta, cun novo libro centrado na parroquia Santo André de Comesaa. Editado tanto en formato fsico coma dixital, é o quinto volume deste proxecto que xorde dunha colaboracin entre a 鶹 e o Concello de Vigo. Esta iniciativa ten como obxectivo recoller, estudar e difundir os nomes dos lugares de Vigo.
A publicacin céntrase na parroquia de Santo André de Comesaa, situada na ladeira sueste do val do Fragoso e dividida metade polo ro Lagares, o que propiciou a industrializacin dunha parte da parroquia, sendo hoxe unha das zonas mis desenvoltas do concello de Vigo. Porén, este proceso de crecemento, as novas vas de comunicacin, a urbanizacin e os novos estilos de vida favoreceron a perda da transmisin oral de nomes, cantigas, costumes… Para recuperar todo este patrimonio perdido, Anxo Rodrguez Lemos, estudante de doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela e autor do libro, tia como obxectivo favorecer, coa súa publicacin, o mantemento da historia, a orixe e o significado dos nomes de lugar desta zona. “Foi a mia primeira achega, dende a historia, ao eido da toponimia viguesa con mis de 700 nomes de lugar, moitos deles nunca antes escritos”, explica o investigador.
Maila que é a primeira vez que participa nesta coleccin de libros sobre nomes de lugares vigueses, Anxo R. Lemos ten experiencia no estudo toponmico. Participou en 2012 no I Curso de Formacin de Especialistas en Toponimia que via de ser organizado de forma conxunta entre os concellos de Vigo, Pontevedra, Ourense e o Instituto de Estudos Miorns (IEM) co apoio da 鶹. Este curso, xunto co traballo de campo nas parroquias de Bembrive, Zamns, Canden e Comesaa, entre outras, supuxo o xermolo para a posterior recompilacin en formato de libro dunha anlise pormenorizada dos microtopnimos recollidos e a tradicin oral relacionada.
Unha paixn dende cativo
O autor do libro comezou a interesarse na historia que ocultaban os nomes cando con 14 anos tivo que realizar un traballo sobre toponimia no IES Primeiro de Marzo. Foi entn cando por primeira vez descubriu o marabilloso mundo que haba detrs dun simple nome. Persoas de renome neste mbito como Xosé Lois Vilar Pedreira ou o profesor da 鶹 Gonzalo Navaza foron os encargados de transmitirlle os coecementos, os instrumentos e a metodoloxa para este estudo tan pormenorizado. Pero foi finalmente no Instituto de Estudos Miorns onde “acabara por callar en min unha paixn difcil de deixar na que, por desgraza, traballamos poucos e son anda menos os que, a pesar da formacin inicial, logran chegar xente e facer recollidas exhaustivas e serias”.
Para o estudo toponmico da parroquia de Comesaa, Anxo R. Lemos seguiu unha metodoloxa estrita cuns parmetros fixos como por exemplo “traballo en campo, comisins do Proxecto Toponimia de Galicia en canto xeorreferenciacin dos topnimos sobre ortofoto, a sinalizacin en distintas cores segundo a súa tipoloxa (terras, vas de comunicacin, auga, accidentes xeogrficos...) ou a súa ortografa”.
Axudando a preservar a identidade
A eleccin da parroquia non foi aleatoria, Comesaa est unida a este estudante de doutoramento por parte paterna. “Dende o punto de vista do estudo foi interesante por tratarse dunha das parroquias que padeceron do proceso de industrializacin experimentado pola cidade olvica, non s en canto a perda de terras senn tamén como atraccin daquelas persoas que, traballando antes a terra, pasaron a ocuparse noutros sectores desapegados dos nomes cotis da paisaxe ou dos alcumes dos seus vecios/as”.
Fronte a isto, a toponimia fosiliza a paisaxe e a historia dun territorio que queda rexistrado polos nomes. Anxo R. Lemos teno claro, xa que “cada da que pasa perdemos centos de nomes que se esvaecen par da vida das persoas que falecen e levan consigo un saber herdado de pais a fillos. Dos informantes depende o noso traballo, sen eles, é difcil seguir o rastro dun patrimonio inmaterial moitas veces nunca escrito alén das partillas familiares, os testamentos, as escrituras ou o reparto das augas dunha presa”, conclúe o autor.
