A xuntanza tivo lugar este mércores no Edificio de Ferro
Ourense celebra o primeiro Consello de Campus dun ano que se presenta “moi positivo”
Estivo presidido polo reitor Manuel Reigosa
O Consello de Campus de Ourense celebrou este mércores no Edificio de Ferro a súa primeira xuntanza do ano 2023. Presidida por Manuel Reigosa, reitor da 鶹, a sesin permitiu facer balance dos grandes retos que afronta o campus nunha ano que, indicou o responsable académico, se presenta “moi positivo” para o conxunto da institucin e tamén para o campus de Ourense.
A cita contou ademais coas intervencins de Elena Rivo, vicerreitora do campus de Ourense, e de Belén Rubio, vicerreitora de Investigacin, Transferencia e Innovacin da 鶹. “Este é o primeiro Consello de Campus de 2023 e dnos a oportunidade de facer balance das cuestins en marcha e das previsins para este ano”, comentou Manuel Reigosa. Con moitos retos e expectativas no horizonte, o responsable académico apuntou que para a 鶹, e polo tanto para o campus de Ourense, este é “un ano importante porque o financiamento que temos é extraordinario, en parte pola actividade investigadora de I+D+i”, ascendendo o orzamento total da 鶹 a case 228 millns de euros.
Institutos, especializacin e ampliacin
Entre as cuestins en marcha e que tern un protagonismo destacado para o campus de Ourense neste novo ano, Manuel Reigosa apuntou a posta en marcha de dous novos institutos, o de Fsica e Ciencias Aeroespaciais e o de Agroecoloxa e Alimentacin. Os dous, lembrou o reitor, tern a súa sede no campus de Ourense, marcarn lias de investigacin nos seus respectivos eidos e agrdase que acaden unha avaliacin positiva da Xunta de Galicia para o seu financiamento. O Instituto de Agroecoloxa e Alimentacin constituir ademais unha das bases do que ser un novo instituto ibérico de investigacin neste eido, xa asinado entre o Instituto Politécnico de Bragança e a 鶹 e que est previsto que tea financiamento dos dous pases implicados, Espaa e Portugal.
Este 2023 tamén ser, tal e como indicou o reitor, decisivo para o proceso de acreditacin do Campus Auga, o proxecto de especializacin do campus de Ourense arredor dos recursos hdricos, estando prevista en febreiro a visita do comité que o avaliar. “Somos optimistas. Fxose un excelente traballo para conseguir esta acreditacin e agardamos ter unha resposta positiva”, comentou Manuel Reigosa. O responsable institucional lembrou que esta acreditacin permitira “facer moitsimas cousas que ata o de agora non son posibles, xa que supora un financiamento importante, e poeranos nunha situacin moi positiva para a negociacin do mapa de titulacins, porque, loxicamente, de conseguir esta acreditacin, as titulacins que se poan en riba da mesa e que tean que ver con auga teran que vir para Ourense”.
Igualmente, o reitor destacou o novo convenio de colaboracin asinado para 2023 coa Deputacin de Ourense e que ascende a 300.000 euros, sendo “o convenio mellor dotado da nosa historia” e que trae novidades como a posta en marcha dunha ctedra de I+D de planificacin rural e reto demogrfico. Por último, no eido de infraestruturas, o campus, lembrou Reigosa, entre outros aspectos afronta a apertura da súa nova planta piloto agroalimentaria, xa rematada, o desenvolvemento do proxecto do novo edificio para a Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo e as negociacins para outras ampliacins. “Estamos prantexando s diferentes institucins o que ns pensamos que sera o mellor desenvolvemento do campus, que sera conectar os dous campus e a ampliacin para Intelixencia Artificial. Est todo pedido, somos optimistas pero hai que agardar, entre outras cousas, a que pasen as eleccins municipais”, indicou.
Se o reitor expuxo as grandes lias e actuacins para o campus, Elena Rivo, vicerreitora do campus de Ourense, foi a encargada de facer un repaso pola “intensa actividade cultural que desenvolvemos, con obradoiros, co coro, coa Sala Alterarte e co novo proxecto Aldearmos, co que vamos ao rural”, alén da colaboracin en temas solidarios con entidades como a Asociacin contra o Cancro, Down, Cruz Vermella e Banco de Alimentos. Tamén falou ante os membros do Consello de Campus de obras menores “pero que axudan a mellorar a vida universitaria”. “Somos un campus moi activo, cunha intensa actividade académica e investigadora pero tamén cultural e deportiva, e traballaremos para neste 2023 seguir dndolle pulo a todos estes aspectos, demandando ttulos e iniciativas interesantes para o noso campus e co horizonte posto na acreditacin do Campus Auga”, comentou a vicerreitora.
Ciencia aberta
A reunin completouse cun informe de Belén Rubio, vicerreitora de Investigacin, Transferencia e Innovacin, centrado nos cambios que supn para a investigacin e a transferencia a Lei 17/2022, de 5 de setembro, pola que se modifica a Lei 14/2011, de 1 de xuo, da Ciencia, a Tecnoloxa e a Innovacin. Na súa intervencin abordou o artigo da lei que fai referencia Ciencia Aberta e que aposta por unha “ciencia aberta, accesible, eficiente, transparente e beneficiosa para a sociedade” e explicou o que se est a realizar na 鶹 neste eido. As, a responsable académica lembrou que o obxectivo 19 do Plan Estratéxico da institucin académica recolle a implementacin de polticas de ciencia aberta. Neste senso, fixo un repaso pola poltica de acceso aberto na 鶹; os acordos tranformativos e publicacins en aberto; o repositorio Investigo e o recentemente presentado portal da Investigacin. Na súa intervencin, Belén Rubio tamén destacou temas como que a institucin académica é membro da European Open Science Cloud, que coordina e centraliza as infraestruturas de Europa de almacenamento de datos, e colabora neste eido coa Universidade do Minho. Igualmente avanzou que a institucin académica organizar en xuo de 2023 as I Xornadas de Ciencia Aberta.
Outro dos puntos da intervencin da vicerreitora de Investigacin, Transferencia e Innovacin foi os cambios que supuxo para a contratacin, a carreira investigadora e a avaliacin da investigacin esta modificacin da Lei da Ciencia, a Tecnoloxa e a Innovacin. Neste senso apuntou aspectos como a creacin da nova Unidade de Contratacin de Persoal Investigador e a certificacin R3. Por último, referiuse aos artigos sobre transversalidade de xénero e a integracin da variable xénero nos proxectos de investigacin, subliando as medidas feitas xa pola UVIGO neste eido.
