Nunha mostra comisariada polo tamén gravador Xosé Poldras
Os retratos da paisaxe de Enrique Ortiz expense na Sala Alterarte
Pode visitarse ata o 17 de xaneiro de 2025
A Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, acolle unha nova exposicin. Trtase de Retratos da paisaxe, do artista Enrique Ortiz e comisariada por Xosé Poldras. Ata o 17 de xaneiro de 2025 as persoas interesadas poden achegarse ao pavilln I universitario para ver unha seleccin de 14 gravados deste pintor e gravador nacido en Ourense. A proposta d continuidade ao ciclo expositivo da Sala Alterarte Reciprocidade, posto en marcha o pasado curso académico baixo a coordinacin do profesor da 鶹 Javier Blanco Sierra.
Segundo explica Xosé Poldras na folla de sala da exposicin, o artista convidado a expor na Sala Alterarte “ofrécenos alimento para o esprito en soporte de papel”. A natureza, detalla o comisario da mostra, “é modelo para Ortiz, por unha banda no sentido académico de observala para reproducila, e por outra en sentido ontolxico, motor do seu traballo”.
Compromiso social e coa terra
Formado e residente en Madrid, Enrique Ortiz conta cunha dilatada formacin e traxectoria artstica. Os seus estudos comezaron na Escola de San Fernando e continuaron especializndose en diferentes técnicas de gravado, nomeadamente litografa, en Pars, na Escola de Artes Grficas, e logo en Gran Bretaa, na Bath Academy e na Escola de Gravado Amsterdam, para rematar en Oslo, onde afonda na litografa. Partillou taller con Patio e outros artistas como Saura, Canogar ou Alcorlo, na rúa Libertad en Madrid, e cofundou con Raimundo Patio Estampa Popular Galega, de vida moi breve xa que foi interrompida pola censura. Tamén con Patio compartiu o grupo literario Brais Pinto, onde estaban Bernardino Graa e Uxo Novoneira, pois a literatura é, como a música, outra das paixns de Enrique Ortiz.
Se a temtica no perodo de formacin e primeira madurez de Enrique Ortiz foi con frecuencia social, na última etapa, explica Xosé Poldras, o gravador deixa de lado o compromiso social para volcarse “no compromiso coas montaas, onde durma con mantas antes de que lle trouxeran un saco de durmir de Pars; as acieiras; as pozas; os carballos, as augas... de interior e de costa. Porque tamén se presenta como experimentado marieiro a vela”. Sobre esta evolucin, o comisario sinala que “estimo que esa mudanza na iconografa chegou nun momento de serenidade no que valorou o compromiso coa terra o mis universal dos compromisos”, tal e como se pode ver na mostra que agora se expn na Sala Alterarte.
