Cunha última sesin celebrada na Biblioteca Rosala de Castro
Os Martes Saudables despdense ata o vindeiro cuadrimestre facendo fincapé no coidado integral da saúde
Nesta edicin dedicaron especial atencin sexualidade
Desde o pasado 16 de outubro os postos dos Martes Saudables, iniciativa destinada a fomentar a saúde integral da comunidade universitaria, percorreron os tres campus da 鶹. Este martes, a Biblioteca Rosala de Castro do campus de Ourense acolleu a súa oitava e última sesin deste cuadrimestre facendo un balance moi positivo do estado de saúde desta actividade da Área de Benestar, ú e Deporte.
“Os Martes Saudables son unha actividade consolidada nos tres campus. Despois de tantos anos traballando por fomentar os hbitos saudables entre a comunidade universitaria xa o alumnado nos identifica e sabe a informacin e as actividades que ofrecemos nos postos dos Martes Saudables”, comenta Rodrigo Alberte Pivida, responsable da Área de Benestar, ú e Deporte no campus de Ourense. Alén da súa aplicabilidade directa na mellora dos hbitos de vida das persoas interesadas, desta iniciativa Rodrigo Alberte Pivida tamén destaca como é o marco que permite a realizacin de diferentes traballos de investigacin sobre a saúde e os hbitos da comunidade universitaria, traballos que logo se materializan en publicacins e presentacins de resultados en diferentes foros.
Do peso aos métodos anticonceptivos
Á espera de ter os datos da sesin celebrada este martes, Guillermo Santos, coordinador dos Martes Saudables, sinala como a expectativa é achegarse cifra de 300 participantes, media de cada cuadrimestre. Este dato, indica, refrese s persoas que realizan todo o percorrido proposto polo persoal que atende os postos e cubre a enquisa de participacin. “A esta cifra hai que engadir mis do dobre de persoas que se achegan aos postos a facer algunha consulta concreta pero que non fan todo o percorrido. Esas non as contabilizamos”, comenta. Sobre o tipo de usuario que fai uso desta iniciativa, Guillermo Santos sinala que “o que detectamos é que boa parte da xente que vén repite, para comparar os seus resultados dun cuadrimestre a outro”.
As persoas que se achegaron aos Martes Saudables tiveron a posibilidade de coecer a oferta deportiva que teen na 鶹, para enriquecer a súa vida académica, o seu tempo de ocio e a súa saúde integral, e puideron realizar diversas probas de enfermara, entre as que estn a identificacin do grupo sanguneo e a medicin da tensin, do ndice de masa corporal e da capacidade respiratoria. Tamén puideron no apartado de alimentacin analizar a calidade da súa dieta, como mellorala e se a súa autopercepcin corporal se corresponde coa realidade, entre outras moitas cuestins. Sobre o tipo de consultas mis habitual, Santos indica que son as referidas s medidas antropométricas, de peso e masa corporal. “Unha vez teen o peso ou o ndice de graxa o noso traballo é recomendarlles hbitos de diferente tipo, como alimentacin ou deporte, que lle permitan mellorar a súa saúde”, indica o coordinador dos Martes Saudables.
Entre estes contidos, este cuadrimestre os Martes Saudables fixeron especial fincapé na temtica da sexualidade. O educador social Álex Raposo foi o encargado de ofrecer informacin e aclarar dúbidas nesta temtica a todas as persoas que se achegaron. “Chamoume a atencin que moita xente anda lle d moita vergoa abordar estes temas, anda é tabú”, comenta. Entre as cuestins sobre as que amosaron ter mis desinformacin ou confusin as persoas que se achegaron aos Martes Saudables, este educador social sitúa o cltoris e a diferenciacin entre identidade de xénero e orientacin sexual. Entre os obxectos expostos relacionados coa sexualidade, engade, os que mis chamaron a atencin do público foron unha nova copa menstrual que permite ter relacins sexuais con ela posta. “En todo caso ns non informamos s de métodos anticonceptivos, falamos tamén de pracer, de sexualidade e de conceptos como xénero”, sinala por último este educador social.
