A Facultade de Ciencias organizou unhas xornadas sobre o seu potencial
Os insectos, un alimento “nutritivo e sostible”
No marco da busca de solucins ao incremento da poboacin e a súa demanda de alimentos
Baixo o ttulo Alimentacin do futuro. Insectos, nutritivos e sostibles. Atréveste?, a Facultade de Ciencias do campus de Ourense celebrou este venres, a través do Campus Remoto da 鶹, unha xornada centrada no potencial dos insectos como fonte de protenas para o ser humano ou para outro animais.
Sidonia Martnez, vicedecana da Facultade de Ciencias, explicou como “os principais obxectivos desta xornada foron dar a coecer os aspectos mis importantes relacionados coas granxas de insectos, a súa contribucin a mundo mis sostible, os diferentes usos desta materia prima e a normativa e a autorizacin para o seu uso”. O interese en abordar esta temtica xurdiu, tal e como indicou, tendo en conta como neste centro se forman estudantes en Ciencia e Tecnoloxa dos Alimentos, Enxeara Agraria e Ciencias Ambientais, eidos cun papel relevante neste campo.
“O elevado crecemento demogrfico fai que medre a demanda de alimentos. Para solucionar os problemas de desabastecemento na poboacin e conseguilo de forma sostible hai que introducir unha serie de cambios na producin e a alimentacin”, comentou Sidonia Martnez. A isto se engade que “o consumidor actual demanda alimentos naturais, ricos en protenas, minimamente procesados, con ingredientes reais que sexan saudables e nutritivos, respectuosos co medio ambiente e sustentables”. Neste marco, os insectos “son moito mis eficientes que calquera outra especie hora de converter produtos vexetais en protena animal, pero ademais empregan menos recursos, producen menos emisins contaminantes, xeran un número mis reducido de residuos e son mis econmicos. Por iso se prevé que sexa un dos alimentos do futuro”.
Diferentes visins
A xornada arrancou cunha presentacin de César Fernndez, director comercial de Bioflytech SL, unha empresa que se dedica producin de protena animal transformada con orixe en insectos, sobre os insectos como "unha nova gandera". Seguiulle unha conferencia de Fernando Rogelio Garca, da Universidad de Almera, sobre sostibilidade, valoracin nutritiva e potencial deste produto como novo alimento en acuicultura. A actividade tamén contou coas intervencins de Rafael Guallar, de Entomafoods, que falou sobre o novo mercado agroalimentario dos insectos comestibles. Por último, pechou a programacin Laura Beatriz Herrero, da Agencia Espaola de Seguridad Alimentaria y Nutricin, que se achegou aos novos alimentos, normativa e autorizacin. Nas súas intervencins, as e os relatores abordaron a temtica elixida desde diferentes perspectivas, desde a empresarial e a académica ata a normativa, incidindo no potencial de futuro deste mercado tendo en conta o elevado incremento poboacional no mundo, principalmente de carcter urbano, e a súa crecente demanda de alimentos.
