Disputaron esta fin de semana os partidos que foran aprazados pola chuvia
Os equipos masculinos de tenis da 鶹 suman dúas novas vitorias
Os dous equipos masculinos de tenis da 鶹 disputaron esta fin de semana os encontros que foran aprazados pola chuvia, acadando cadansúa vitoria.
No que respecta ao equipo masculino B de Primeira Divisin, os universitarios medronse ao Tenis A’Tobeira e acadaron un resultado a favor de 5(+1) – 1. O equipo formado por Pablo Gonzlez, Mark Green, Jacobo Vilas e Alexandre Pérez consegua, deste xeito, outros 2 puntos do rnking. Como explica o adestrador Jorge Comesaa, “Pérez como Vilas lograron imporse por un 61/62 e 61/63 respectivamente, mentres que o australiano Mark Green, perda por un 67/67 nun axustadsimo resultado”. De seguido foi a quenda do número 1 do equipo, Pablo Gonzalez, que consegua o punto do 3-1 nos individuais ao gaar por 60/62”.
En dobres acadaron a vitoria as parellas formadas por Gonzlez e Pérez e por Green e Vilas, “o que nos outorga un punto na diferenza de partidos gaados-perdidos”.
No que respecta ao equipo A da Divisin de Prata autonmica, impúxose a un dos rivais mis forte e directos, o Tenis Gondomar, por un 5-2. O xogador portugués Manuel L Da Silva, Ignacio Lago e Pablo Romero conseguiron os 3 primeiros puntos cun resultado de 63/60, 75/76 e 60/64 respectivamente. Despois entraron na pista Yago Gonzlez e Jaime Zapatero. O primeiro impúxose por 64 64, mentres que “Jaime pouco poda facer ante ao seu rival e perda por 63 60, quedando nos individuais un resultado de 4-1 a favor”, como explica Jorge Comesaa.
En dobres competiron as parellas formadas por Jaime Zapatero-Yago Gonzlez e Ignacio lago-Manuel L, sendo estes últimos os que conseguiron o punto da vitoria. “Xa co 5-2 a favor, os 2 puntos do encontro foron para o equipo visitante”.
Con este resultado o equipo da 鶹 acada o primeiro posto da tboa.
