DUVI

Diario da 鶹

Acadaron un segundo, un cuarto e un quinto posto nos seus respectivos grupos

Os equipos do campus rematan cun balance positivo a súa participacin na liga galega de xadrez

O Universitario de Ourense B consegue o ascenso a primeira divisin

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 22/05/2023

Este sbado os diferentes equipos do campus de Ourense participan na liga galega de xadrez disputaron a derradeira xornada de competicin. Facendo un balance moi positivo da tempada realizada, desde o club destacan que conseguiron o obxectivo inicial de manterse os tres equipos nas súas respectivas categoras e de conseguir que un deles ascenda primeira divisin.  

Esta fin de semana, en primeira divisin, o Universitario de Ourense A desprazouse ata Mos para xogar contra Mos B. Os ourensns competiron “sen ningún tipo de presin e coa tranquilidade de ter os deberes feitos” e non acadaron ningún punto contra o equipo rival, que se xogaba o ascenso divisin de honra galega. Con este resultado, o equipo do campus remata a tempada acadando un quinto posto no seu grupo.

Pola súa banda, na segunda divisin, o Universitario de Ourense B e o Universitario de Ourense C xogaron este sbado en Ourense contra Celanova A e Liceo de Ourense B, respectivamente, ambos con opcins de acadar o ascenso primeira divisin, obxectivo polo que tamén loitaban outros clubs da mesma categora. “Finalmente, o Universitario de Ourense C acadou un empate (2-2) e Universitario de Ourense B unha vitoria (3,5-0,5), resultando isto na consecucin do ascenso deste último equipo”, afirman desde o club universitario. Deste xeito, o Universitario de Ourense B remata segundo do seu grupo e o Universitario de Ourense C cuarto do seu grupo, ambos en segunda divisin.

Obxectivos conseguidos

Segundo indican desde o club de xadrez universitario, “remata as unha tempada moi positiva para ns. O obxectivo inicial era evitar o descenso de categora dos tres equipos, o que acadamos con bastante facilidade. Os tres equipos mostraron un bo nivel durante os tres meses de competicin, obtendo bos resultados contra outros clubs en teora superiores”. As, sublian, “os tres equipos estiveron loitando, nalgún momento das súas tempadas, polo ascenso de categora. Esta boa dinmica de todo o club viuse finalmente recompensada co ascenso do Universitario de Ourense B. Desta forma, podemos afrontar a liga galega de xadrez do ano 2024 cun equipo en segunda divisin e dous en primeira”.