DUVI

Diario da 鶹

Segundo un artigo publicado por investigadoras do grupo MapasLab na revista 'Global Change Biology'

Os cambios climticos do pasado, e non o clima actual, explican a diversidade dos mamferos no planeta

A fragmentacin climtica histrica e a xeografa son determinantes na evolucin das especies

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Աپ
  • Medio Ambiente
  • Աپ
M. Del Ro DUVI 29/05/2024

O clima xoga un papel determinante na distribucin e evolucin da vida na Terra, pero anda existen moitas incgnitas sobre como influron os cambios climticos pasados na diversidade de mamferos do noso planeta. Un estudo liderado polas investigadoras da 鶹 Sara Gamboa, Sofa Galvn e Sara Varela publicado esta semana pola revista ofrece novas perspectivas sobre esta relacin.

Como explican as cientficas do Centro de Աپ Maria da 鶹, “o clima do noso planeta cambia e non todas as especies reaccionan igual ante estes cambios. As especies especializadas, como os osos polares ou os orangutns, que s poden sobrevivir nun único clima, considéranse mis vulnerables aos cambios ambientais que as especies xeralistas, que poden vivir en varios climas diferentes”. Non obstante, ata agora, non se explorou completamente como responden os diferentes hbitats a estes cambios e como afectan s comunidades de mamferos a longo prazo.

O seu estudo parte da hiptese da doutora Elisabeth Vrba, que postulou que as zonas con condicins extremas de temperatura e precipitacins deberan albergar un maior número de especies especialistas que outras zonas debido maior fragmentacin histrica. Para probar esta hiptese, as investigadoras das 鶹 empregaron datos climticos dos últimos 5 millns de anos e técnicas avanzadas de anlise estatstica que lles permitiron avaliar a relacin entre a fragmentacin do clima e a distribucin dos mamferos nas grandes zonas climticas do planeta, abranguendo todas as especies de mamferos terrestres, mis de 5000.

Os achados deste estudo suxiren que o clima do pasado deixou unha “pegada indeleble” na distribucin e evolucin das especies, anda mis que o clima actual. E é que como afirmaba Vrba, “o número de especies especializadas aumenta coa fragmentacin histrica do clima rexional, mentres que a riqueza de especies climatolxicas diminúe”. Esta relacin entre os cambios climticos do pasado e diversidade dos mamferos é aproximadamente un 40 % mis forte que a correlacin entre o clima actual e a riqueza de especies para as especies especializadas e un 77 % mis forte para as especies xeneralistas. Os datos amosan que, por exemplo, as rexins tropicais, mornas e polares son as mis afectadas polos cambios climticos, en comparacin coas rexins ridas e fras, que mostraron unha maior estabilidade.

A relacin entre a xeografa e o clima

O estudo tamén indica que a xeografa xoga un papel esencial nesta relacin, creando ambientes idneos para a aparicin de novas especies e a súa supervivencia no tempo, como illas, pennsulas e montaas. Neste sentido, a investigadora e autora principal do estudo, Sara Gamboa, explica que no traballo tamén se expn a importancia da xeografa e a súa relacin co clima na diversificacin das especies. “As caractersticas fsicas do terreo, como o illamento xeogrfico e a variedade de hbitats, promoven a especiacin”. Por exemplo, as illas actúan como “laboratorios naturais de evolucin, onde as especies se adaptan a condiciones únicas; as montaas, coas súas diferentes altitudes e microclimas, ofrecen unha variedade de nichos ecolxicos que fomentan a diferenciacin de especies; as extensas planicies de Eurasia ou os desertos que se forman ’ sombra’ de grandes cordilleiras como o Himalaia ou os Andes son tamén exemplos de como esta interaccin xeografa-clima pode xerar ambientes moi estables durante millns de anos, o que tamén afecta evolucin das especies”. E é que como engade a investigadora, as condicins climticas cambian e fragméntanse por diversos factores, como ciclos astronmicos, erupcins volcnicas e cambios nas correntes marias, “pero fano sobre unha xeografa que tamén as condiciona”.

Unha primeira exploracin da fragmentacin climtica en relacin cos mamferos

Esta idea de que os cambios climticos e xeogrficos do pasado afectaron distribucin actual dos seres vivos é moi antiga, pero como explica a profesora Gamboa, “esta é a primeira vez que se explora directamente a fragmentacin climtica a escala global e durante 5 millns de anos, para relacionala cos patrns de distribucin dos mamferos”. Anteriormente, a maiora dos estudos centrbanse no impacto do clima actual ou recente sobre a distribucin das especies, pero este estudo integra datos climticos antigos e emprega técnicas avanzadas de anlise estatstica para avaliar como os cambios climticos histricos influron na diversidade bioxeogrfica actual. Para a investigadora, “esta perspectiva temporal ampla permite entender mellor como os cambios pasados deixaron unha pegada duradeira na distribucin e evolucin dos mamferos, proporcionando informacin valiosa para a conservacin da biodiversidade no contexto do cambio climtico actual”.

Plans de conservacin mis efectivos e especficos

Os resultados obtidos nesta investigacin teen implicacins significativas para a comprensin da bioxeografa e a conservacin da biodiversidade. "Ao comprender como a fragmentacin climtica influu nas distribucins das especies, podemos informar mellor as estratexias de conservacin e xestin dos ecosistemas nun mundo en constante cambio", explica Sara Gamboa. Por exemplo, ao identificar que as rexins tropicais, mornas e polares son as mis vulnerables aos cambios climticos, “as estratexias de conservacin poden priorizar a proteccin destes ecosistemas e as especies que os habitan. Isto pode inclur a creacin de reservas naturais e corredores biolxicos que faciliten a migracin de especies cara reas mis adecuadas a medida que os seus hbitats actuais se vexan afectados polo cambio climtico”. Ademais, detalla, “ao comprender a importancia da xeografa na diversificacin das especies, como no caso das illas e as montaas, “as estratexias de conservacin poden enfocarse na proteccin destas contornas especficas que son cruciais para a especiacin e a supervivencia de especies únicas”. A este respecto, explica que, por exemplo, nas rea montaosas pdense implementar medidas para conservar diferentes altitudes e microclimas, asegurando que as especies que dependen destes nichos ecolxicos tean un hbitat adecuado”.

Por todo isto, as investigadoras consideran que os avances obtidos como froito deste estudo permiten “desear plans de conservacin mis efectivos e especficos que consideran tanto o impacto do cambio climtico como as caractersticas xeogrficas que influencian a biodiversidade”.