O naturalista Joaqun Araújo impartiu unha conferencia nunha xornada do Green Campus
Os bosques, a “medicina enferma” coa que combater o cambio climtico
A actividade completouse cun mercado de produtos de proximidade
Nun contexto de “catstrofe climtica”, os bosques constitúen “a principal medicina para enfrontarse o cambio climtico”, mais trtase dunha medicina que se atopa súa vez “enferma”, segundo salientou o naturalista Joaqun Araújo na conferencia que este martes impartiu na Escola de Enxeara Forestal, no marco dunha xornada promovida polo programa Green Campus. No mundo, alertou este xornalista e divulgador ambiental, cuxa traxectoria foi recoecida en 1994 co Premio Global 500 da ONU, destrúense diariamente “non menos de 20 millns de rbores”, o que supn, lembrou, que “estamos destrundo o antdoto” contra os efectos do cambio climtico.
“Polos parmetros bsicos do que é a catstrofe climtica, atopmonos con que a principal medicina para enfrontarse ao cambio climtico é o bosque, pero cunha particularidade que xa se achega ao cualificativo de traxedia; que é unha medicina enferma”, sostivo Araújo,autor de mis de cen libros, director de numerosos documentais e responsable, xunto con Félix Rodrguez de la Fuente, da Enciclopedia Salvat de la fauna ibérica e europea. Fxoo nunha conferencia enmarcada nunha xornada dirixida “a difundir os valores do Green Campus e da educacin ambiental”, que se completou cun reparto de bidns e un mercado de produtos de proximidade. As o explicou o director do Campus Crea e Green Campus, Carlos Souto, na presentacin do relatorio deste “defensor do medio ambiente, da natureza e de todo o que significa o ecoloxismo activo desde hai mis de 50 anos”.
Ser bosque ou ser cinsa
Araújo, que foi tamén presidente do Proxecto Gran Simio, articulou a súa conferencia en torno a esa contraposicin sobre o que significan as rbores e o bosque e o que supoen as cinsas que quedan trala súa destrucin. Nun relatorio titulado Ser bosque ou ser cinza, Araújo sostivo que“por primeira vez na historia da civilizacin”, trtase dunha “eleccin de mximos”, na que “hai que apostar polo bosque ou pola suprema estupidez dunha civilizacin que o queima todo;ser bosque ou ser cinsa”.
Neste punto, Araújo recoeceu como “o mellor do seu currculo” o seu “compromiso moral” coa plantacin de rbores, que motivou que el mesmo tivera plantado ao longo dos anos preto de 25.000 exemplares, “o que equivale a un por cada da que vivn”. Vinculndoos coa ciencia, coa poesa, a arte ou a filosofa, este naturalista presentou s rbores e os bosques como o resultado “mis fascinante, complexo, produtivo e solidario da historia da vida”. A rbore, lembrou “sempre traballa para o restos dos viventes” e de feito, mis al da súa contribucin retencin do CO2, “as súas prestacins son incalculables”, xa que, sinalou, “un bosque préstanos arredor de 3000 servizos diferentes”.
Este “inconmensurable valor que teen as rbores, que cada da pasa a ser mis crucial”, ten o seu contrapunto nunha “civilizacin absolutamente mesquia, acaparadora e destrutora de todo o que a fai posible”, sostivo Araújo, que lembrou que “o ser humano e as rbores somos auga fervida”. Mais se ben ao longo da historia a humanidade situouse en “zonas intermedias”, xa que “para vivir haba que usar a vida”, na actualidade desenvolveu “un estilo de vida contra a vida”. Nese senso, o conferenciante alertou de que a catstrofe ambiental “non é que vaia chegar, senn que xa est aqu”, as como da “catstrofe intelectual” que supn súa vez que esta situacin “non se vexa como unha traxedia”. De a que nunha actividade que reuniu a numerosos estudantes lembrase s novas xeracins, “que van ser as principais vtimas da catstrofe climtica” e que teen “a posibilidade de herdar o planeta das rbores ou o planeta dos desertos”.
Concienciacin ambiental
O obxectivo desta Xornada Green Campus era, como explicou Souto, fomentar entre a comunidade universitaria “o respecto pola natureza” e intentar as que “a educacin ambiental sexa un motivo mis no noso da a da”. De a que xunto conferencia, a xornada se completase con outra serie de accins,"pequenas, pero que creo que van na boa direccin”, comoo reparto entre os e as asistentes dunha serie de bidns do Green Campus, no marco do obxectivo deste programa de “reducir o consumo de auga en botellas de plstico”. De feito, esta medida complementa súa vez instalacin de fontes nos diferentes centros do campus, levada a cabo nos últimos meses. Por último, a actividade completouse cun pequeno mercado de produtos ecolxicos e de proximidade, da man da asociacin 4 Ponlas. “O consumo de produtos locais é unha forma de diminur a pegada de carbono e de fixar poboacin”, salientou Souto, dunha actividade que serviu tamén para dar a coecer a actividade e obxectivos desta asociacin de produtores ecolxicos.
