Este luns presentouse a programacin da Área de Benestar, ú e Deporte no campus
Unha oferta “ampla e variada” para que non falte na axenda a actividade fsica
Entre as opcins que teen os membros da comunidade universitaria estn 20 escolas deportivas
Instalacins deportivas, actividades dirixidas, equipos federados, rutas culturais, eventos deportivos... O curso 2019/2020 xa est en marcha e a Área de Benestar, ú e Deporte da 鶹 ofrece no campus de Ourense unha programacin “ampla e variada” para que os membros da comunidade universitaria, tanto alumnado como persoal de administracin e servizos e persoal docente e investigador, inclúa a actividade fsica nas súas rutinas.
A presentacin desta oferta deportiva tivo lugar este luns. No acto, Esther de Blas, vicerreitora do Campus de Ourense, lembrou como “un dos intereses e dos puntos nos que pon o aceno a Universidade” é a vida saudable e o deporte, salientando como cada curso académico a programacin neste eido se vai actualizando e renovando para adaptarse s demandas das e dos usuarios. “Animamos a toda a comunidade universitaria a participar nas diversas actividades programadas para este curso”, dixo a vicerreitora gabando a “oferta ampla e variada” que agora se inicia. Neste senso, Alfonso Mandado, director da Área de Benestar, ú e Deporte da 鶹, recalcou na presentacin como esta programacin “é produto de todos, produto das persoas que estn fronte da rea en Ourense, das institucins que nos axudan a organizar todos este eventos, das persoas que traballan dentro das escolas e dos propios usuarios”. Alfonso Mandado destacou ademais como “estamos traballando en ir ampliando paso a paso esta oferta” “para que haxa unha maior participacin”.
Desde escolas a andainas
Rodrigo Alberte, responsable da Área de Benestar, ú e Deporte no campus de Ourense, foi o encargado de explicar a programacin deste curso académico. Antes de facelo fixo balance do curso pasado, indicando como “foi un curso moi exitoso desde o punto de vista da participacin na actividade fsico-deportiva”. As, explicou como contaron con preto de mil abonados; que colaboraron con 50 entidades deportivas da cidade, desde clubs ata o Consello Municipal de Deportes, e que acadaron unha taxa de ocupacin das instalacins de arredor do 50%. Tamén salientou no seu balance de 2018/2019 a organizacin de eventos propios e a colaboracin noutros, como o Torneo Internacional de Xadrez ou o Campionato Galego de Orientacin; a celebracin do 20 aniversario das rutas culturais e os resultados acadados en competicins tanto internas como federadas ou universitarias. “Ademais de artellar o deporte universitario temos unha incidencia bastante importante no que é o deporte da cidade en xeral”, subliou.
Durante a súa intervencin, o responsable da Área de Benestar, ú e Deporte no campus de Ourense animou aos membros da comunidade universitaria a achegarse ao pavilln deportivo para informarse das posibilidades que teen tanto no uso de instalacins como en actividades, lembrando como segundo o colectivo de pertenza e os intereses hai diferentes abonos. Neste senso apuntou como do 16 ao 30 de setembro a rea conta cunha xornada de portas abertas comunidade universitaria para que poidan probar de balde a súa oferta. Entre as múltiples opcins para este cuadrimestre e para este curso académico, Rodrigo Alberte destacou como se ofertan 20 escolas deportivas, que abranguen desde adestramento personalizado ou zumba a ioga ou benestar integral, incorporando nesta edicin como novidades escolas de adestramento de alta intensidade e artes marciais mixtas. Alén do uso das instalacins universitarias e da piscina AQA Ourense, o abano de opcins amplase coa lista de centros deportivos colaboradores na programacin, que nesta edicin son o Pavilln dos Remedios, Dinamic Center, Marbel, Sabrosura, Saraiba, Ximnasio 2000, Bregma, Camino Pilates e Padel Prix.
Tamén recalcou Rodrigo Alberte como volver este curso a programacin de rutas culturais da Universidade, sendo nesta ocasin once as propostas que se desenvolvern ao longo de 2019/2020 e que levarn aos amantes das andainas a enclaves como As Médulas ou a facer unha etapa do Camio dos Faros. Igualmente, indicou, “o campus volver a contar cuns equipos federados que nos representan pola xeografa galega e incluso estatal”, como son os equipos de rugby, baloncesto, tenis e xadrez. O curso pasado, subliou, obtiveron “moi bos resultados”, sobre todo en modalidades como rugby e baloncesto. “Este ano volvemos a ter estes equipos coas plantillas melloradas”, dixo, polo que amosou a súa confianza en repetir os éxitos acadados. Por último, entre os eventos deportivos destacados no calendario do campus de Ourense apuntou como en outubro a cidade acoller a Gala do Deporte, a festa do deporte universitario que cada ano se fai nun campus da 鶹 e na que, indicou, agardan “xuntar non s ao deporte universitario senn ao deporte da provincia de Ourense”.
Arranque da liga de rugby
Precisamente este domingo arrancou para o primeiro equipo de rugby do campus de Ourense a competicin. O Campus Universitario Ourense RC gaou 37-8 ao Uribealdea RBK no primeiro partido desta tempada na divisin de honra B do rugby estatal, disputado no campo Acea de Ama, na Corua.
