DUVI

Diario da 鶹

Este cuadrimestre 42 persoas frmanse nas aulas escénicas do campus

O obxectivo, manter a "emocin” do teatro

Un dos seus grupos est a representar 'Imperator' en diversas mostras universitarias

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 16/04/2021

Neste segundo cuadrimestre, as aulas de teatro do campus de Ourense continúan a súa actividade no marco da programacin de obradoiros de extensin universitaria. 42 persoas, membros da comunidade universitaria e persoas alleas a ela, frmanse no eido das artes escénicas divididos en varios grupos segundo o seu nivel de coecementos. Mesturando formacin virtual e presencial e respectando as medidas de loita contra a covid-19, as e os alumnos destas aulas manteen viva "a emocin" do teatro universitario no campus a pesar da pandemia.   

“As aulas de teatro do campus seguen tendo un gran seguimento entre o alumnado”, explica Fernando Dacosta, o seu director. Estas aulas divdense en catro grupos: a aula Rosaura, aberta s persoas que se inician nas artes escénicas; Cordelia, destinada s que xa teen algo de experiencia, e Maricastaa, para as que teen coecementos mis avanzados. A estes tres niveis engdeselle a Aula de Teatro Infantil Geppetto, que s se imparte no primeiro cuadrimestre e cuxa actividade rematou coa representacin na Mostra de Teatro Infantil de Ourense (Moti) de Coecendo a Pippi. No primeiro cuadrimestre foron en total 54 as persoas matriculadas nos catro grupos dispoibles e neste segundo cuadrimestre 42 nos tres grupos ofertados, “é dicir, practicamente todas as prazas foron ocupadas”, tal e como sinala o seu responsable. Este curso académico, debido s medidas tomadas ante a pandemia, limitouse o número de prazas dispoibles con respecto a edicins anteriores.

Sobre o desenvolvemento da docencia semanal destas aulas, impartida por Sarabela Teatro, Fernando Dacosta explica como este cuadrimestre “houbo case un mes de clases en lia para non perder o contacto, para afondar na aprendizaxe de textos e nas intencins dos personaxes, para ter todo preparado hora de retomar a actividade presencial”. Na actualidade, engade, xa se desenvolve tamén formacin presencial seguindo as medidas de prevencin da covid-19, como a ventilacin dos espazos, o traballo con distancia interpersoal e o uso en todo momento de mscaras. Estas limitacins, comenta Fernando Dacosta, “é unha dificultade que procura suplirse enfatizando outros recursos expresivos, coa esperanza de que chegue o momento en que poidamos vernos de novo os rostros completos”.

Boa aceptacin

Respecto importancia da actividade teatral, o director das aulas do campus de Ourense recalca como “o teatro é emocin, é procura de sentimentos, é dilogo, é xogo fsico, confrontacin de pareceres, é creacin, é vivir e recrear vidas diferentes desde as nosas propias vivencias e habilidades, é algo necesario e buscado en das como os que estamos a vivir, por iso hai unha grande aceptacin por parte de participantes e de público”. Neste senso lembra a boa acollida, “con cheos en moitas das representacins”, que tivo a celebracin da Mostra de Teatro Infantil de Ourense no Nadal, mostra que cada ano conta coa colaboracin da 鶹 e coa actuacin da Aula Universitaria de Teatro Infantil do Campus de Ourense Geppetto.

Os froitos do traballo que actualmente estn a desenvolver os tres niveis que se forman no campus podern verse na Miteu, a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense. Mestres ese momento chega, a aula Maricastaa, o terceiro nivel, representou este mércores no 27º Festival de Teatro Universitario de Lugo a obra realizada por este grupo o pasado curso académico Imperator, que debido pandemia non puido facer a súa tradicional xira por mostras de teatro universitario estatais. Sobre esta volta aos escenarios de Maricastaa en Lugo, Fernando Dacosta destaca como “foi moi ilusionante, estabamos moi contentos. Despois de tanto traballo necesitbase poder actuar, poder contar, ver que se chega a ese obxectivo”. A xira de Imperator continuar nas mostras das universidades de Navarra (19 de abril en Pamplona) e Len (24 de abril).