Cun encontro na Facultade de Ciencias Econmicas e Empresariais
O Observatorio dos Montes en Man Común e Baldos bota a andar analizando as boas prcticas no sector
Coa participacin do coordinador europeo da International Asociation for the Study of the Commons
80 representantes de directivas de comunidades de montes e membros de grupos de investigacin das universidades galegas participan no I Encontro do Observatorio dos Montes en Man Común e Baldos que hoxe se celebra na Facultade de Ciencias Econmicas e Empresarias do campus de Vigo. “O Observatorio nace como un punto de encontro entre as comunidades de montes e a universidade, para o mellor coecemento da creacin de valor social das comunidades e o desenvolvemento de boas prcticas”, explica o docente e investigador do Departamento de Economa financeira e contabilidade Xavier Martnez Cobas en relacin con esta iniciativa posta en marcha pola 鶹 e as fundacins Juan de Vega e Isla Couto.
Neste primeiro acto organizado polo Observatorio desenvlvense tres mesas redondas en sesins de ma e tarde nas que se abordan temas de interese e boas prcticas no sector, como o servizos ecosistémicos do monte comunal ou a xestin do monte a través do gando. As mesmo, presentouse neste foro os resultados da tese de doutoramento de Beatriz Zugazagoitia sobre capital intelectual das comunidades de montes galegas.No transcurso do encontro, Lara Otero presentou o traballo de medicin de valor social na comunidade de montes de Vincios, mentres que representantes das comunidades do Rosal e Baroa e da Mancomunidade de Montes do Baixo Mio, a Organizacin Galega de Comunidades de Montes e a Asociacin Forestal de Galicia centrarn as súas intervencions nas súas experiencias particulares.
Tobias Haller, conferenciante invitado
O coordinador en Europa da Internacional Association for the Study of the Commons, Tobias Haller, foi o conferenciante invitado a este encontro, organizado pola 鶹 e as fundacins Isla Couto e Juana de Vega, no que trasladou s persoas participantes a esencia do seu traballo, centrado na xestin sostible dos recursos locais, con especial referencia aos bens denominados comúns (commons), ademais de referirse s comunidades de montes e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacins Unidas.
Profesor extraordinario no Instituto de Antropoloxa Social da Universidade de Berna, Suza, Haller asumiu, a principios de 2021, a presidencia do IASC. “O seu interese polos comúns europeos reflctese a través de proxectos de investigacin comparativa sobre diferentes organizacins comunais suzas e o seu cambio desde o século XVIII. Fixo tamén traballo de campo en Camerún e Zambia e especializouse en antropoloxa econmica e ecolxica, inclundo a xestin de recursos comúns e a xestin comunitaria de recursos naturais”, detalla Martnez Cobas.
