Dúas estudantes participaron na segunda fase do proxecto ‘Arte em Trânsito’
As obras inspiradas nas paisaxes de Monçao continúan mudando da man do alumnado de Belas Artes
Os cadros expostos no Museu do Alvarinho sern novamente intervidos en maio
Desde o mes de novembro exhbense no Museu do Alvarinho, na vila portuguesa de Monção, as obras resultantes do proxecto Arte em Trânsito, que este municipio promove xunto coa Facultade de Belas Artes da 鶹 e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo. Non obstante, os lenzos inspirados nas paisaxes e na tradicin vitivincola desta rexin que poden verse nestes das no museo mudaron o seu aspecto respecto de semanas anteriores. Xurdido como un reto que propn a estudantes das dúas institucins “crear un traballo artstico en tres momentos diferentes” e que dea lugar “a tres exposicins diferentes", como explicou o seu coordinador, Ricardo Campos, as obras realizadas en novembro por catro alumnos e alumnas intervidas novamente por outros catro estudantes, no marco da súa estada nunha quinta dedicada a producin de vio do municipio.
Na primeira das tres fases deste proxecto, que baixo o lema de Monção, berce do Alvarinhopropn que cada artista “interprete o territorio adegueiro de Monção a partir da súa experiencia persoal e da súa investigacin plstica”, participaron os estudantes de Belas Artes Marina Aradas e Abraham Alonso e as alumnas do Politécnico de Viana do Castelo Maria João Gonçalves e Adriana Bacelo. As obras realizadas polas dúas últimas vronse agora transformadas polas achegas das estudantes da facultade pontevedresa Sandra Gutiérrez e Lili Algo. “A experiencia foi moi interesante e enriquecedora”, recoece esta última, que lle correspondeu intervir o traballo de Bacelo, un lenzo no que esta plasmara “uns arbustos e un farol, bastante realistas”, aos que Lili Algo sumou achegas baseadas “no meu imaxinario visual, levndoo a un terreo mis de fantasa”, recoece. “Traballei integrando uns personaxes co que xa estaba no lenzo”, apunta a artista e estudante, que recoece que antes da súa participacin “tia un pouco de medo ao intervir nalgo que xa realizara outra persoa”.
A Sandra Gutiérrez, pola súa banda, correspondeulle transformar o lenzo iniciado por Gonçalves. Seguindo a proposta de “canibalismo artstico” formulada por Ricardo Campos, a artista e estudante optou por “transformar algún dos elementos que ela pintara, ata case a súa completa desaparicin”, coa idea de que “se fundisen” as súas achegas e que “non se distinguise o que fixo ela do meu”. Fxoo, explica, partindo da súa propia lia de traballo, na que “adoito usar a natureza corrupta para representar o corpo”, vinculndoa nesta ocasin “tradicin do vio”. Gutiérrez recoece que foi “unha experiencia positiva e fra da mia zona de confort”, xa que traballar a partires do "xa feito por unha persoa deume outra perspectiva e fxome preguntarme ata que punto poda intervir sen ofender ao anterior artista”, engade.
Terceira intervencin en maio
Tras esta segunda intervencin, na que participaron tamén as estudantes do Politécnico de Viana do Castelo Rita Braga e Lisandra Carneiro, as obras exhbense no Museu do Alvarinho ata maio, cando ter lugar a terceira e última intervencin por parte doutros catro estudantes, dando lugar exposicin final de Arte em Trânsito.
