DUVI

Diario da 鶹

Organizado pola Vicerreitora de Captacin de Alumnado, Estudantes e Extensin Universitaria

Un obradoiro prctico para descubrir a natureza poética do rock

O músico Bosco Gil é o encargado de impartir as sesins, que se estendern ata o 16 de decembro

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • ú
  • Cultura
Rebeca Lpez Villar DUVI 27/11/2020

Despois de meses de pandemia, peches, adiamentos e cancelacins, o sector cultural vive un momento crtico, sobre todo no tocante aos eventos en directo. Neste contexto nacen iniciativas valentes e innovadoras, como o taller sobre a poética do rock dirixido por Susana Rodrguez Barcia, profesora do Departamento de Lingua Espaola, e o músico Bosco Gil de Grate.

A Escola Universitaria de Estudos Empresariais acolle entre o 4 de novembro e o 16 de decembro este obradoiro de Extensin Universitaria, o segundo impulsado por Rodrguez e Gil, que xa organizaran en 2019 o titulado De Dylan a Siniestro Total. Ideoloxa e música no século XX.

O curso amosa vnculos entre o discurso literario e a música rock, folk e pop e xorde das inquedanzas do compositor, que botaba en falta un espazo dedicado a esta temtica dentro da oferta académica, sobre todo “tendo en conta o recoecemento internacional co que contan ambas expresins artsticas, música e poesa”. As mesmo, o taller afonda na dilucin das fronteiras entre os xéneros, cuestin xeneralizada en todos os mbitos artsticos.

O machismo, tamén presente na música

O obxectivo fundamental de Poética do rock é comprender o elemento lrico das cancins, revisando, segundo o seu director, “o contexto histrico e a vida dos diferentes creadores” e escoitando, lendo e valorando cada tema musical, “maioritariamente con interpretacins en directo dos mesmos”. Este carcter prctico é un dos puntos que mis agradecen os asistentes que, ademais de participar en actividades de escritura creativa e elaboracin musical guiada, teen a opcin de escoller as cancins que desexan analizar.

Bosco Gil sinala que no seu afn por ofrecer unha visin histrica da evolucin destas temticas atopou un obstculo, “o machismo, que é un feito na historia de calquera disciplina e, como non, tamén afecta música e a poesa”. Coa seleccin dos artistas presentes no programa tentan rescatar do esquecemento a autoras cunha obra menos recoecida no seu tempo e inclúen o nome de pioneiras ou mulleres que tiveron un grande impacto na música (Sister Rosetta Tharpe, Wanda Jackson, Odetta, Grace Slick ou Joan Baez) e, afirma que, por exemplo, “nas avaliacins do alumnado, Joni Mitchell est entre as mellor valoradas, moi por enriba da maiora de artistas masculinos de calquera época”.

Nunha das clases, titulada Poesa maldita, sobresae o nome de Patti Smith, definida por Gil como “icona indiscutible da poética do rock” e sen a cal, asegura, o curso non tera sentido. The Beatles, Jim Morrison, Lou Reed, Kurt Cobain, Bob Dylan ou Leonard Cohen son, ademais de Smith, outros dos referentes musicais presentes no programa, elixidos pola súa relevancia histrica, musical e poética.

A cultura como ferramenta para afastar o coronavirus 

A organizacin resalta a boa acollida dunha edicin na que, pese aos protocolos derivados da pandemia, est cuberta a totalidade de prazas ofertadas. Gil sublia que “esa diversidade est a enriquecer moito as sesins”, pois entre as asistentes hai profesorado, estudantes tanto de grao como do Programa para Maiores e persoas alleas Universidade.

Este ano, o músico describe o taller como “un espazo terapéutico de desconexin do espectro social e informativo do coronavirus” e unha oportunidade para manter o contacto co mundo artstico ata que volvan os eventos musicais en vivo. As mesmo, destaca que o alumnado desta edicin, entre o que existen persoas que xa foran anterior, é moi participativo e que hai “quen ameaza con apuntarse novamente no futuro”.  

Despois de catro sesins, Gil recalca a creatividade e implicacin dos asistentes. As seguintes tres xornadas continuarn de xeito presencial, pois os directores non queran “perder a maxia” e decidiron “deixar a opcin de celebrar parte das horas presenciais a través do Campus Remoto como alternativa en caso de confinamento”.

O contexto galego contemporneo no horizonte

Tendo en conta o interesante panorama poético e musical en Galicia, Susana Rodrguez e Bosco Gil non descartan a posibilidade de desear un obradoiro centrado na comunidade autnoma, que xa é protagonista dunha das clases deste ano, na que se falar de poetas como Nuria Vil.

O profesor de Poética do rock cre que “merece a pena reivindicar o traballo de artistas como Su Garrido Pombo, Thomas Dylan & Balea ou Caldo, que demostran que hai un universo poético na música galega moi potente”. De feito, Gil opina que “mis que como opcin de futuro, o curso centrado en Galicia tera que estar consolidado hai tempo”.