DUVI

Diario da 鶹

Organizado polo grupo de investigacin LVTC da 鶹, coa participacin de 400 persoas

Un obradoiro internacional afonda en como conviven varias linguas no cerebro e os seus efectos

Etiquetas
  • Estudantes
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • Աپ
Mª del Carmen Echevarra Figueroa DUVI 06/10/2022

“Ser quen de usar diferentes linguas na mesma conversa e integrar elementos destas linguas nun único enunciado (alternancia de cdigo) é unha capacidade humana fascinante que anda non entendemos de todo”, aseguran os docentes e investigadores do grupo de investigacin LVTC () da 鶹 Carmen Parafita e Javier Pérez-Guerra. Co obxectivo de afondar en como conviven varias linguas no mesmo cerebro e nos efectos lingüsticos, cognitivos, neurolxicos e sociais desa convivencia, 400 persoas participan hoxe e ma no obradoiro internacional (Advancing code-switching research), organizado polo grupo LVTC, con financiamento da Vicerreitora de Աپ, o Consello Social, o Departamento de Filoloxa inglesa, francesa e alem e o doutoramento en Estudos ingleses avanzados da 鶹.

“Estmase que no mundo se falan unhas 7000 linguas, e anda as somos capaces de comunicarnos. Isto non sera posible se a mente humana non fose o suficientemente flexible para xestionar varias linguas ao mesmo tempo”, explican Parafita e Pérez-Guerra, que consideran que a falta de entendemento desta capacidade humana se debe “en boa medida a que os datos existentes proceden de metodoloxas e poboacins diferentes, non comparables. Ademais, a maiora dos estudos céntranse en comunidades occidentais nas que a alternancia de cdigo est socialmente desfavorecida”. Unha situacin que os investigadores da 鶹 contrapoen que se produce en moitas comunidades multilingües, por exemplo en África occidental ou Centroamérica, onde o discurso multilingüe, que inclúe alternancia de cdigo é a norma.

Persoas expertas e participantes internacionais para botar luz sobre a alternancia de cdigo

Durante dous das, en sesins matinais con charlas sobre alternancia de cdigo e multilingüismo e sesins vespertinas con debates sobre temas fundamentais na investigacin sobre multilingüismo e cambio de cdigo, o obradoiro que esta ma comezou na biblioteca Juan Compael de Vigo, reúne persoal investigador de diferente enfoques tericos e metodolxicos, que traballan en diversas comunidades multilingües, co obxectivo de vincular factores lingüsticos, cogntivos e sociais, coa finalidade de “axudarnos a entender mellor como os falantes multilingües se adaptan s demandas comunicativas da alternancia de cdigo”, explican os organizadores do obradoiro internacional.

Felix Ameka da Universidade de Leiden, Enoch Aboh da Universidade de Ámsterdam e Annie Beatty Martnez da Universidade de McGill, son algúns das e dos investigadores que Parafita e Pérez destacan na relacin de poentes includos no programa do obradoiro internacional, no que participarn, de xeito presencial e virtual, 400 persoas de diferentes partes do mundo como Gana, Brasil, India, Xapn, Canad, Hungra e Noruega, entre outros.