DUVI

Diario da 鶹

A formacin imprtese este curso por sexto ano consecutivo

O obradoiro de gaita consoldase na oferta cultural do campus

Parte do seu alumnado creou un grupo chamado Fol de Ferro

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 30/10/2019

Por sexto ano consecutivo, entre a lista de obradoiros de extensin universitaria que este curso se ofertan no campus de Ourense est o dedicado gaita galega. A formacin consoldase na programacin cultural contando xa cun grupo de alumnos e alumnas estable que xa ten formado o seu propio grupo para participar de xeito informal en foliadas e festas. “Estamos moi contentos coa xente que asiste a este obradoiro”, comenta Gonzalo Abelairas, gaiteiro ourensn encargado de impartir a actividade.

No marco da programacin de extensin universitaria que organiza a Vicerreitora do Campus de Ourense, indican os seus responsables, o obradoiro de gaita xa é un dos que conta cunha traxectoria mis duradeira e cun público mis fiel, seguindo a dinmica de aulas como as de teatro e danza. As, anda que o número de prazas inicial ofertado era de dez ampliouse a trece para dar resposta demanda existente. A formacin, que consta de 30 horas de formacin, desenvlvese no pavilln de estudantes do campus, onde as e os participantes se dan cita unha vez semana. Al afondan no coecemento da gaita galega, abordando aspectos como as técnicas de gaita, os tipos de dixitacin, o repertorio, a afinacin ou a ornamentacin. Durante a formacin tamén se achegan a diversos aspectos da música tradicional e dun xeito especfico percusin tradicional.

Iniciacin e perfeccionamento

Nesta edicin, explica Gonzalo Abelairas, volve a darse unha combinacin de xente que se inicia no mundo da gaita e a música tradicional e xente que repite de edicins anteriores do obradoiro, salientando o gaiteiro como este curso se incorporaron de novo ao grupo persoas que xa tian participado en anteriores edicins pero que logo non puideron continuar. Dada esta diversidade, os contidos e as sesins do obradoiro estn deseados para atender tanto ao alumnado de iniciacin como ao de perfeccionamento. As, seguindo a dinmica de anos anteriores, o curso conta cunha parte de formacin común, na que os dous niveis se xuntan para coecer temas como a preparacin do instrumento, a dixitacin, o repertorio ou nocins bsicas de percusin, e logo se dividen en grupos en funcin do seu grao de coecementos.

Con esta bagaxe e este perfil de participantes, o obradoiro, comenta o seu responsable, xa se ten convertido para moitos dos seus membros no lugar no que semanalmente poden ir a aprender a tocar mellor, a ensaiar e a compartir o gusto pola música tradicional galega con outras persoas con inquedanzas musicais afns. Mostra do bo ambiente que hai no obradoiro e dos avances feitos na formacin do seu alumnado, Gonzalo Abelarias lembra como parte das persoas que repiten cada curso teen creado un grupo informal chamado Fol de Ferro para participar en foliadas e festas, collendo o seu nome do Edificio de Ferro do campus onde nalgunhas ocasins se teen desenvolvido as clases do obradoiro. “Nesta edicin consoldase o grupo Fol de Ferro dentro do obradoiro pero tamén o grupo da xente que continúa de anos anteriores”, indica por último o gaiteiro.