‘UItramarinos Seoane’ abre a programacin deste curso da Sala Universitaria Manuel Moldes
A obra e traxectoria de Luis Seoane inspiran a primeira exposicin en Espaa do chileno César Gabler
A mostra poder visitarse ata o 22 de novembro
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes inaugura este xoves a súa programacin no presente curso cunha mostra na que o artista chileno César Gabler propn unha relectura da producin visual de Luis Seoane, partindo dunha serie de aspectos vinculados ao exilio, as vangardas e a cultura popular. Desenvolvida especificamente para a sala de exposicins do campus, Ultramarinos Seoane é a primeira mostra en Espaa deste artista e docente da Universidade de Finis Terrae de Santiago de Chile e poder visitarse ata o 22 de novembro. Co profesor da Facultade de Belas Artes Nono Bandera como comisario, a mostra, sinala, “articúlase a partir de cruces e asociacins arredor da obra” de Seoane e afonda en “como certas ideas ou prcticas artsticas viaxan dun lugar a outro, adptanse e transfrmanse”.
Como explica Gabler, conversas previas con Bandera levrono a afondar na figura e traxectoria de Seoane (Bos Aires, 1910 – A Corua, 1979), tanto polo seu interese “pola relacin entre a arte e a cultura popular”, como por artistas que “traballaran en distintos medios”, lembrando neste punto as “incursins de Seoane no deseo, co proxecto de Sargadelos, que era en certa medida unha forma de levar a cultura tradicional modernidade”. Ademais, o feito e que Seoane fose fillo de emigrantes e nacese na Arxentina, pas ao que tivo que retornar como exiliado, faca del unha figura idnea para un proxecto que aborda tamén “o intercambio cultural entre Espaa e América do Sur”, como destaca Gabler, que nos últimos anos protagonizou exposicins en Chile, Estados Unidos e Inglaterra. Estas conexins vense reflectidas súa vez no ttulo da mostra que, como engade Bandera, “non s fai mencin ao azul de Seoane, senn tamén ao outro lado do mar” e a unha tenda na que atopar “algunha sorpresa inesperada”.
Un proxecto especfico para a Sala Moldes
Ideada para este espazo, Ultramarinos Seoane presenta instalacins como Laboratorio de formas, que alude ao proxecto impulsado por Seoane e Daz Pardo, como “unha sorte dunha nova Bauhaus”, sinala Gabler, que conecta este proxecto coa escola alem de Ulm. “Unha cuestin que me pareceu moi interesante de Sargadelos é o rescate do local, da historia e das formas, pero poéndoo en dilogo coa modernidade”, engade o artista chileno, que afonda tamén nesta idea incorporando unha representacin do “deseo modernista” que Seoane realizou dun gaucho en No soy de aqu, ni soy de all, un mural que alude “ idea de migracin”.
Outra propostas é o mosaico pictrico de 70 mdulos Vidas paralelas, que conecta obra do republicano Luis Seoane coa do “pintor franquista” Fernando Álvarez de Sotomayor, tamén galego. Este, lembra Gabler, fra director da Escuela de Arte de Chile e do Museo do Prado, chegando a “coincidir xeograficamente con Seoane” en 1947, cando coordinou unha exposicin en Bos Aires, idea que Gabler traslada a unha peza na que conecta obras destes dous pintores e de José Gutiérrez Solana, participante naquela exposicin.
Primeira exposicin do curso
Coa inauguracin desta mostra, na tarde deste xoves, arranca a programacin da sala Manuel Moldes neste curso, sendo ademais unha proposta que conecta directamente con dúas das lias que articulan a programacin deste espazo, como lembra o seu coordinador, Ignacio Pérez-Jofre. Concretamente, sinala o tamén vicedecano de Cultura, cos obxectivos de “traer artistas do mbito nacional ou internacional que acheguen algo interesante ao noso contexto” e de acoller propostas que atendan “cuestiones e manifestacins propias no mbito cultural de Pontevedra e Galicia”. Neste caso, lembra, ao positivo de “acoller o traballo dun artista internacional, que ademais supn unha colaboracin coa Universidad Finis Terrae”, súmase o feito de que se trata dun proxecto expositivo “que dialoga cun dos mis importantes creadores da arte e a cultura galega”, e que se enmarca súa vez “no contexto do intenso debate sobre o pensamento decolonial, as idas e vidas da emigracin e o exilio e as mutuas influencias culturais”.
