DUVI

Diario da 鶹

Yolanda Ros, Malú Feijo, Aitor Fernndez e Borja Guerrero protagonizan unha mostra colectiva

Novos Valores forxados en BBAA proxéctanse no Museo

Reúne as obras realizadas ao abeiro das bolsas da Deputacin

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Premios
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 21/06/2018

As investigadoras predoutorais Yolanda Ros e Malú Feijo, o alumno Aitor Victor Fernndez e o egresado da Facultade de Belas Artes Borja Guerrero foron en 2017 as gaadoras e gaadores do certame Novos Valores, promovido pola Deputacin de Pontevedra. Certame que tia como premio unha bolsa de 1500 euros para a ampliacin de estudos ou desenvolvemento dun proxecto artstico, ao abeiro das que estes catro artistas forxados nesta facultade deron forma s obras que desde a tarde deste xoves protagonizan no primeiro andar do claustro do edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra a mostra colectiva Novos Valores 2017.

“Esta mostra exemplifica a importancia que teen as bolsas de formacin deste certame, porque hoxe aqu podemos ver como a obra destes e destas catro artistas evoluciona e medra e como foi bebendo das experiencias e das escolas polas que pasaron”, asegurou o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal no acto inaugural dunha exposicin que poder visitarse ata o 22 de xullo, no que estivo acompaado polo director do Museo, Carlos Valle e as e os artistas premiados.

Esculturas de pan e cermicas que parten do corpo

Grazas a esta bolsa. a investigadora Yolanda Ros realizou un curso de formacin de catro meses na Escola Massana de Barcelona e un obradoiro co artista Carlos Garaicoa no CGAC, formacin que lle permitiu afondar en técnicas escultricas contemporneas. “O traballo que desenvolvn parte do deseo dunha cadeira pensada para unha relixin ou ritual, na que, basendome na relixin catlica, realizo unha maqueta dunha cadeira feita de pan”, explica do punto de partida dunha investigacin baseada neste alimento “que ademais se relaciona co relixioso, constitundo un elemento simblico”. As, as obras escultricas que Ros achega a esta mostra, coa excepcin dunha peza, parten da investigacin que realizou “das posibilidades plsticas deste material” e sobre “estruturas arquitectnicas que interveen nas relacins persoais” como o confesionario e a celosa, da que xurdiron estruturas como un biombo construdo con pam, unha vent con celosa e espello a modo de confesionario, “un pequeno habitculo feito de pan cunha cama no seu interior visible desde unha vent de celosa” e dúas mscaras feitas con este alimento.

Tamén alumna de doutoramento, Malú Feijo aproveitou a bolsa de formacin para continuar coa investigacin que centra a súa tese, que versa sobre as relacins actuais entre o corpo e a pintura, as como para realizar un curso de cermica na Accademia D’Arte ADA de Florencia. Espacios materializados é o ttulo dunha serie de pezas “nas que est presente o corpo, o espazo e a pintura” as como tamén a pegada; obras que parten de poses realizadas coas mans “que xeran espazos”, materializadas en escaiola, s que se suman unha serie de lenzos xurdidos dun proceso no que as súas mans actuaron como “recipiente de pintura”, que se derrama desde a que os espazos xerados polas súas mans, converténdoos, explica, “en rexistro dos meus xestos”. 

Fotografas nacidas na N-541 e un ttem de catro metros

Estudante do grao en Belas Artes, Aitor Vctor Fernndez dedicou esta bolsa a asistir a cursos de formacin con tres fotgrafos internacionais, o portugués Paulo Nozolino, o guatemalteco Luis Gonzlez Palma, e o estadounidense Gregory Crewdson; aso como  producin As da noite, unha serie integrada por 19 fotogrfas, das que oito  foron seleccionadas para esta exposicin. Trtase dun proxecto nacido dunha “cclica e necesaria viaxe” pola estrada N-541, que une Pontevedra e Ourense, o lugar no que estuda e no que reside, e da circunstancia de ter que viaxar por esta estrada de madrugada para facerse cargo de súa avoa, que faleceu no transcurso do proxecto. “Extrapolei a mia forma de sentir aos lugares que delimitan esa estrada”, explicou o artista, que reflectiu nas súas creacins “un pequeno universo de conexin entre o meu interior, s rbores, a terra e o ceo”. 

Borja Guerrero, por outra banda, utilizou a totalidade da bolsa na producin da obra que achega  exposicin, un ttem de catro metros de altura conformado por 14 cadros e por elementos de diferentes materiais como a madeira, a tea, o papel e o metal. “Trtase dunha obra anda inconclusa que simboliza unha nave do tempo na que viaxar ao paraso, entendido como un retorno infancia e como un reencontro cos seres queridos que xa partiron, pero como un reencontro en vida”, indicou o artista, que achega tamén mostra catro fotos en branco e negro da peza situada en plena natureza.