DUVI

Diario da 鶹

Mediante a anlise evolutiva de datos de secuenciacin masiva do ADN tumoral

'Nature Communications' publica un artigo do laboratorio de David Posada no que se reconstrúe a evolucin dun cancro colorrectal

Coa participacin dos posdocs do Cinbio JM Alves e Sonia Prado, e do patlogo do CHUS JM Cameselle

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Աپ
Mª del Carmen Echevarra DUVI 13/11/2019

“É o primeiro artigo importante que resulta do noso proxecto ERC”. As se refire o docente e investigador da 鶹 David Posada ao artigo que este mércores publica a revista Nature Communications. O traballo desenvolvido xunto aos investigadores posdoutorais do seu grupo no Centro de Աپs Biomédicas (Cinbio) da 鶹 Joao M. Alves e Sonia Prado, e coa participacin do patlogo do Hospital Clnico Universitario de Santiago José Manuel Cameselle, reconstrúe a partir da anlise xenmica a historia evolutiva dun cancro colorrectal e a súa expansin metstatica. “Isto é unha proba de concepto, un estudo onde amosamos como se poden utilizar técnicas evolutivas sofisticadas para reconstrur o modo e o tempo da diseminacin tumoral dentro dunha persoa”, explica o catedrtico, que sinala que, se o cancro é un proceso evolutivo, empregar esta perspectiva é natural para entender como medra e se expande e a que velocidade o fai.

“É entender a bioloxa do cancro”, asegura Posada, que destaca a novidade que supn a abordaxe con modelos probabilsticos dos cambios xenmicos dun tumor no tempo e no espazo, , algo que, segundo o investigador da 鶹, se intentou previamente, anda que dun xeito mis descritivo. “Utilizamos métodos sofisticados que nos permiten estimar parmetros evolutivos relevantes a partir do ADN tumoral, como a taxa de crecemento, a migracin celular ou a adaptacin xenmica. Achegamos medidas cuantitativas da dinmica tumoral”, detalla Posada, que destaca en que o equipo que coordina é o primeiro en empregar esta metodoloxa evolutiva avanzada para a anlise do cancro, razn pola que Nature Communications decidiu publicar este traballo. O catedrtico vigués incide na idea de que mis al dos achados que se derivan desta investigacin, a súa importancia reside “na abordaxe e na proba concepto de como se pode investigar de xeito retrospectivo un cancro para aprender como células tumorais se moven e adaptan a novos ambientes para prolongar a súa existencia, e nun futuro aplicar este coecemento de maneira prospectiva ou para estratificar os pacientes”.

Diseminacin tumoral pola vena porta e metstase temper

A investigacin, que se prolongou durante dous anos, conclúe que, no caso do paciente estudado, a metstase inicial, en lugar de ser a través do sistema linftico, foi va vena porta, que une o colon co fgado, é dicir, va sangunea. “Demostramos as que o cancro pode chegar aos nodos linfticos do intestino non a partir do propio colon, senn pasar primeiro polo fgado. Apuntamos ademais os posibles cambios xenmicos concretos que poderan explicar a adquisicin da capacidade metasttica, é dicir, da posibilidade de diseminarse con éxito e colonizar outros rganos e tecidos”, detalla Posada.

As mesmo, o traballo dos investigadores suxire que a metstase, “neste paciente, e posiblemente na maiora”, especifica Posada, ocorre antes do que normalmente se pensa. “Non parece que o tumor primario tea que medrar moito e dalgún xeito ‘madurar’ para poder diseminarse. Non, neste caso particular pensamos que desde o principio medraron case vez o tumor primario e as metstases no fgado, o que loxicamente foi fatal para o paciente”.

Un traballo que abrir a porta a mis resultados

A investigacin, que agora publica Nature Communications, est precedida dun traballo que se inicia a finais do ano 2014, cando David Posada recibiu unha subvencin de dous millns de euros da convocatoria do Consello Europeo de Աپ (ERC) Consolidator Grantspara estudar a evolucin celular no cancro colorrectal e na leucemia linfoctica. “O groso dos resultados deste proxecto anda non chegou. Por sorte, contamos dende o principio coa axuda fundamental dun gran patlogo como Jose Manuel Cameselle. Traballar con xenomas de células únicas é moi complicado e tivemos que implementar técnicas moi avanzadas. Este é o primeiro resultado importante, pero esperamos mis. Niso estamos a traballar”, detalla Posada.