A Orquesta Clsica de Vigo interpretou o tradicional concerto no Teatro Afundacin
A música de Haydn e Séjourné abriu a porta ao Nadal na 鶹
A vicerreitora da Extensin Universitaria desexou aos asistentes “un venturoso 2026”
O Nadal botaba a andar nas últimas horas na 鶹 co concerto ofrecido pola Orquesta Clsica de Vigo no Teatro Afundacin, no que interpretaron o Concerto para marimba e cordas, de E. Séjourné e a Sinfona núm. 75 en Re maior, Hob. I:88, de F. J. Haydn. A formacin musical dirixida polo oventense Manuel Martnez Álvarez-Nava e que contou para a ocasin como solista co percusionista Álvaro Jurado, foi a encargada de ofrecer este ano o tradicional concerto de Nadal da 鶹 na cidade olvica, que rematou coa interpretacin do Gaudeamus igitur.
Arqueoloxa musical e dos sentidos co desexo dun venturoso 2026
A vicerreitora de Extensin Universitaria, Susana Reboreda desexou aos asistentes ao concerto “un venturoso 2026, sen guerras, sen violencia machista, sen lumes, e, en definitiva, sen sobresaltos”, logo dun 2025 “moi complicado”, dixo. Reboreda destacou na súa intervencin e carcter “ritual” do concerto, as como que a musicalidade “é unha capacidade exclusiva dos seres humanos”.
Botando man da súa formacin e coecementos como historiadora, a vicerreitora centrou a súa intervencin en achegar ao público unhas pinceladas sobre “arqueoloxa musical” e “arqueoloxa dos sentidos” que permiten achegar evidencias materiais das primeiras manifestacins musicais da humanidade, a través de obxectos e iconografa, pero tamén reproducindo instrumentos e realizando hipteses sobre o custe ou as posibilidades sonoras (arqueoloxa experimental); estudando as paisaxes sonoras e as súa caractersticas acústicas (arqueoacústica); e estudando sociedades actuais que anda conservan formas de vida primitivas (etnomusicoloxa).
