DUVI

Diario da 鶹

‘Do final e do comezo’ pode contemplarse na galera CTJV ata o 6 de xaneiro

Monçao acolle de novo a exposicin de traballos finais do alumnado de Belas Artes

A mostra reúne as creacins de 25 titulados e tituladas

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 13/12/2022

Do final e do comezo é o ttulo que a Facultade de Belas Artes deu exposicin que cada ano reúne no Pazo da Cultura de Pontevedra unha seleccin de obras nacidas dos traballos de fin de grao (TFG) dos novos titulados e tituladas, contribundo a proxectar as súas creacins mis al das aulas no inicio dunha nova etapa fra da facultade. Por segundo ano consecutivo, este proxecto expositivo cruza a fronteira e pode contemplarse nestas semanas na Galera de Arte CTJV, da localidade portuguesa de Monçao. Nunha mostra promovida pola facultade e a Cmara Municipal, reúnense as creacins de 25 egresados e egresadas, que ofrecen “unha panormica dos intereses, tanto temticos como técnicos, do alumnado e de todas as disciplinas coas que traballan”, como salientou a súa comisaria, a artista e docente Basilisa Fiestras.

Escultura, cermica, ilustracin, fotografa, vdeo, libros de artista ou instalacins forman parte das obras reunidas nesta exposicin, cuxa coordinacin técnica correu a cargo de Fiestras e das egresadas da facultade Alexandra R. Rey e Mara Gar, da empresa Vaciocero. “Para ns foi algo incrible que nos desen a oportunidade de trasladar a exposicin”, recoece Fiestras da colaboracin que permitiu, por segundo ano consecutivo, levar esta mostra Galera CTJV, coordinada polo exalumno da facultade Ricardo Campos. “Anda que sexa aqu preto, tamén é unha oportunidade para que o alumnado poida ensinar os seus proxectos fra de Galicia”, engade Fiestras da mostra que poder visitarse ata o 6 de xaneiro.

Unha exposicin diferente coa mesma esencia

Alén da oportunidade, Fiestras tamén resalta o “reto” que supuxo reformular a exposicin que en setembro e outubro puido contemplarse no Pazo da Cultura para levala a un espazo de menores dimensins. “A idea orixinal foi a de manter todos os artistas, reducindo o número de obras, collendo o principal de cada proxecto ou que mis se adaptaba s condicins da sala”, explica dun proceso que levaron a cabo “en dilogo” cos e coas participantes. De feito, na mostra que pode visitarse en Monçao estn presentes as creacins de 25 dos 26 titulados e tituladas que foron seleccionados para a exposicin orixinal e a única ausencia, explica, é a dunha artista que protagonizaba nestas mesmas datas unha exposicin individual en Madrid.

Con cambios como reunir todos os proxectos audiovisuais nunha mesma pantalla, Do final e do comezo permite igualmente achegarse diversidade de temticas e procesos de traballo abordados polo alumnado de Belas Artes ao longo da súa etapa formativa. Deste xeito, as obras reunidas mostran como abordaron cuestins como a memoria individual e colectiva, o paso do tempo, a identidade, a paisaxe intervida, o azar ou o cotin, a través tanto de pezas mis conceptuais como doutras mis enfocadas experimentacin cos materiais en múltiples disciplinas.

Integrados nesta ocasin xunto s obras dos egresados e egresadas, tamén se exhiben dous cadros de Berta Cccamo, cedidos pola facultade, que xa puideron verse no Pazo da Cultura. Trtase de dúas obras que foron empregados para a imaxe grfica do proxecto e que permiten súa vez render homenaxe a esta artista, falecida en 2018 e que exerceu durante mis de 15 anos como profesora asociada na facultade. As obras, como sinala Fiestras, axudan a pr o foco na “importancia que ten o proceso” na creacin artstica, unha das cuestins nas que incide un proxecto expositivo que é resultado dun proceso formativo e que, de feito, completbase en Pontevedra cun apartado de “laboratorio” no que se presentaban obxectos de traballo ou pezas desbotadas.