DUVI

Diario da 鶹

Íigo Losada, coautor do informe do IPCC sobre océanos, ofreceu un relatorio no campus vigués

Mitigacin, adaptacin e educacin, claves para enfrontar o aumento medio do nivel do mar

A Ctedra Naturgy remata a súa actividade cun acto no edificio Miralles

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • Medio Ambiente
  • Premios
  • Աپ
Mª Carmen Echevarra DUVI 04/10/2019

Pouco mis dunha semana despois da súa presentacin oficial en Mnaco, o director de Աپ do Instituto de Hidrulica de Cantabria e un dos dous poentes espaois que participou na súa elaboracin, Íigo Losada, achegou s e aos asistentes ao derradeiro acto da Ctedra Naturgy, as conclusins do Informe do IPCC sobre océanos e criosfera e as súas implicacins sobre a xestin da costa. Elaborado a partir de case 7000 artigos cientficos, por mis dun cento de investigadoras e investigadores de todo o mundo, o informe afonda nos efectos do quecemento global sobre os océanos e a criosfera, como son as perdas masivas de glaciares, a reducin do permafrost e das capas de neve en sistemas de alta montaa, incremento de vagas de calor e de fenmenos como El Nio o La Nia, ademais do aumento do nivel do mar, o que unido ao incremento da temperatura e da acidificacin, pode exacerbar os riscos para as comunidade costeiras. Losada debullou na súa intervencin algunhas das conclusins mais salientables do informe, incidindo na necesidade de mitigar, pero tamén de procurar a adaptacin para enfrontar o aumento medio do nivel do mar. “Se non se mitiga, o nivel do mar seguir aumentando, pero cmpre tomar tamén medidas de adaptacin, porque o problema témolo xa e hai moitas zonas do mundo que empezan a estar nos seus lmites de adaptacin fronte ao aumento medio do mar”, explicou Losada, este medioda no relatorio celebrado no edificio Miralles do campus vigués.

Xavier Labandeira, codirector da ctedra agradeceu, na presentacin do acto, no que tamén participou a vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalizacin e Cooperacin, Maribel Doval, a implicacin de Naturgy na ctedra e avanzou que se est a traballar para darlle continuidade actividade que desenvolveu nos últimos anos. No acto celebrado este venres, tamén se entregaron os premios Eva Pérez aos mellores traballos de fin de mestrado do Mster en Xestin do Desenvolvemento Sostible. “Finalmente se entregaron tres premios ex aequo porque este curso 2018-2019 a calidade dos traballos foi excepcionalmente boa”, explicou Pilar Pieiro, coordinadora do mestrado. A graduada en Bioloxa Eva Lpez Quiroga , titorizada por Emilio Fernndez e Gonzalo Méndez, foi galardoada por Proxecto Barallando: unha proposta de actuacin para o fomento da sostibilidade no territorio rural, no que, co obxectivo de fomentar a sositibilidade no territorio rural, realizou unha anlise territorial e socioeconmica do municipio de Barralla, caracterizando cinco lias de emprendemento. Pola súa banda, Gabriel Alejandro Gonzlez Reyes, titorizado por Juan Ael e Jordi Vich, foi galardoado polo traballo Anlises de ciclo de vida de aceites lubricantes utilizados na industria enerxética renovable, que ten como obxectivo avaliar, cuantificar e comparar o uso durante a vida útil dos diferentes tipos de aceites lubricantes utilizados pola empresa Naturgy, realizando unha anlise de ciclo de vida desde o punto de vista medioambiental e econmico. O terceiro premiado na sétima edicin dos galardns foi Pedro Miranda Varela por Proposta para a mellora do servizo de recollida e xestin de residuos urbanos no concello de Monforte de Lemos, no que titorizado por Pilar Pieiro, presenta dúas opcins para desenvolver unha estratexia na xestin diferenciada dos bioresiduos.

Finalizado o relatorio de Íigo Losada, o obradoiro rematou cunha mesa redonda sobre os efectos do cambio climtico nos océanos e na criosfera na que participaron ademais do redactor do informe do IPCC os docentes e investigadores da 鶹 Elena Ojea e Mncho Gmez Gesteira.

Incrementos do nivel do mar de ata 1,10 metros e eventos extremos cada ano en Galicia

Na presentacin de resultados do informe do IPCC, Losada incidiu en que “o nivel do mar, con diferenzas rexionais, est a aumentar mis rpido que en todo o século anterior”. No caso concreto de Galicia, o coautor do informe advertiu que as proxeccins sinalan que “se non se mitiga ben, a finais de século, podera ter un valor arredor de 80 centmetros e 1,10 metros de aumento de nivel do mar. E este é un cambio considerable e s estou falando de nivel medio do mar, porque logo estn as mareas astronmica e a meteorolxica e as ondas, que en Galicia son moi importantes e todo isto é o que d o nivel total do mar”. En relacin cos denominados eventos extremos, que provocan inundacins, danos nas infraestruturas e desaparicin de ecosistemas, estes non ocorreran cada 100 anos, senn cada ano, e en Galicia, segundo a anlise realizada, “os temporais que agora se producen de nivel extremo que se producen cada século, na contorna de 2035-2040 produciranse cada ano e isto ten tremendas implicacins porque haber temporais importantes, incrementndose o risco sobre os ecosistemas e as infraestruturas”, explicou Losada.

O director de Աپ do Instituto de Hidrulica de Cantabria sinalou a preocupacin que nas e nos autores do informe causou o a comprobacin da aceleracin de procesos coecidos nos océanos como o quecemento da temperatura, vagas de calor, incremento das precipitacins e vento en ciclns ou a altura extrema de ondas. As mesmo, Losada destacou que “ata o de agora sempre se mirara que o factor dominante fora a expansin volumétrica debido ao incremento das temperaturas, e por primeira vez estamos a ver que empeza a dominar a perda de placas de xeo. Isto é un cambio substancial porque agora miramos que hai algunhas placas na Antrtida que poden xogar un papel moi relevante para incrementar o nivel do mar a finais deste século”.

Mitigar, adaptar e educar

Íigo Losada rematou a súa intervencin apelando necesidade de adaptar, ademais de mitigar, para enfrontar o aumento medio do nivel do mar. “O xestor debe entender a importancia de aplicar medidas conxuntas de mitigacin e adaptacin. Fixar un obxectivo de mitigacin é doado (reducir 1,5ºC), pero a adaptacin … Cal é o grao de risco aceptable, por exemplo, pola xente que vive en Vigo ou para alguén mis vulnerable? Cales son as opcins? Vou ter que facer infraestruturas e que infraestruturas?”, preguntouse o redactor do informe., que tamén incidiu na importancia de que a cidadana estea educada para entender e interpretar axeitadamente o que isto supn e as esixir aos seus gobernantes que tomen medidas ao respecto. “Segue habendo discusins e todos teen a súa idea sobre o cambio climtico e hai unha compoente, non sei se sentimental, que non se basea para nada en criterios cientficos , as que canto mis educada estea a xente ter mis criterio para opinar”, sinalou Losada.