DUVI

Diario da 鶹

O gran mestre serbio Aleksa Strikovic alzouse coa vitoria na categora xeral

O Memorial Ramn Escudeiro Tilve reuniu 142 xadrecistas de cinco pases

Completaron o podio Vladimir Petkov e Juan Manuel Martnez

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Pontevedra 16/01/2023

142 deportistas de cinco nacionalidades, 13 xogadores con titulacin internacional, o primeiro medallista galego nun mundial e un campin do mundo sub16. Este o balance do que comprendeu mis de 500 partidas ao longo de oito horas de competicin e que tivo lugar este sbado naFacultade de Ciencias da Educacin e do Deporte. Organizado pola Escola Xadrez Pontevedra, este torneo internacional desenvolvase por segunda vez neste centro, despois de que a pandemia obrigase a convertelo en virtual nos dous últimos anos, e completbase cun dos seus finais mis axustados, no que o triunfo final foi para o serbio Aleksa Strikovic.

Mestres internacionais e xogadores de todas as idades

Organizado coa colaboracin da 鶹, a facultade e o Concello de Pontevedra, tratbase dun torneo de xadrez rpido, vlido para a puntuacin ELO da Federacin Internacional de Xadrez, e tivo como cabezas de serie tres grandes mestres internacionais; Strikovic, o búlgaro Vladimir Petkov e o espaol de orixe uzbeko Ibragim Khamrakulov, campin do mundo sub-16 en 1998. Promovido como homenaxe ao que fora membro do club pontevedrés, alén de alumno da Facultade de Fisioterapia, o deportista invidente Ramn Escudeiro, falecido en 2012, o torneo contou tamén cunha ampla participacin doEstratexia pola Paz, primeiro equipo da 鶹-Escola Xadrez Pontevedra. Cun 12'7 % de participantes mulleres, no memorial participou tamén Karen Zapata, mestra internacional e catro veces campioa do Perú.

Disputado polo sistema suzo de competicin, con partidas de 15 minutos, con cinco segundos mis de incremento por xogada, tratouse dunha competicin con oito roldas, na que as e os participantes anse emparellando con xadrecistas da súa mesma puntuacin. Isto contribuu, como lembra o xerente da EXP e director do torneo, Pablo Garca, a que a xornada deparase “encontros interxeracionais pouco comúns noutras modalidades deportivas”, como as partidas que os vixentes campins galegos sub-8 Javier Lema e Zaira Campelo disputaron con xogadores 60 anos maiores. De feito, xunto a novos e novas xadrecistas, como as campioas autonmicas sub-10 e sub-14, Laura Diéguez e Noa Costas, no torneo participou alumnado da materia de xadrez do Programa Universitario para Maiores da 鶹.

Igualdade ata o final

Tras a disputa das catro primeiras roldas, cinco xogadores mantanse empatados, con catro vitorias, fronte da tboa clasificatoria. Trtabase de Strikovic, Pektov, Khamrakulov e “dous dos mozos mis prometedores do xadrez galego”; Rubén Fernndez, deportista do EXP-鶹, e Xulio del Prado. Mais na quinta rolda, s Strikovic foi quen de sumar un novo triunfo, converténdose en lder solitario. As, nas últimas roldas vivronse igualadas contendas nas que os principais aspirantes tentaban alcanzar ao serbio, que chegou ultima rolda con medio punto de vantaxe sobre Petkov, Fernnddez, Rodrigo Gonzlez e Juan Manuel Martnez.

Na derradeira partida, Strikovic pechaba cunhas tboas o seu enfrontamento con Rubén Fernndez, o que lle serviu para facerse coa vitoria final, nun triplo empate con sete puntos con Petkov, que remataba segundo tras derrotar a Gonzlez, e o xadrecista do EXP-鶹 Juan Manuel Martnez, que rematou terceiro grazas a súa vitoria sobre Lus Costado.

Fra da categora xeral, nunha competicin na que se outorgaron 1300 euros en premios, xunto cos trofeos creados polo ceramista Juan Pedro Perdign, o campin amateur foi o tamén xadrecista do EXP-鶹 Rodrigo Gonzlez, mentres que o triunfo en veteranos foi para Benjamn Garca, do Xadrez Marn. No referido s novas promesas, o trofeo ao mellor sub-14 foi para Iago Fernndez, de O Marquio; mentres que Lois Quints, do equipo da USC, acadou a vitoria na modalidade sub-12 e dous xadrecistas vigueses, David Álvarez e Mateo Rey, nas categoras sub-10 e sub-8, respectivamente.