DUVI

Diario da 鶹

Preto de 120 persoas participaron no evento celebrado no Pavilln Universitario

O Maratn Solidario de Zumba reúne 250 quilos de alimentos 

Os produtos foron entregados ao comedor dos Pais Franciscanos

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Pontevedra 29/11/2019

Preto de 120 persoas participaron na tarde deste xoves no Pavilln Universitario na décimo sétima edicin do Maratn Solidario de Zumba, unha iniciativa promovida pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da 鶹 xunto coa Vicerreitora do campus que busca tanto promover a prctica de actividade fsica como contribur ao labor social que desenvolve en Pontevedra o comedor social dos Pais Franciscanos. Aberto ao conxunto da cidadana, solicitouse como cada ano aos e s participantes que achegasen cando menos un quilo de alimentos perecedoiros a modo de inscricin, o que fixo posible reunir, como apunta o técnico da Área de Benestar, Saúde e Deporte, Gustavo Loureiro, preto de 250 quilos de produtos, que tralo remate do evento foron entregados xa no comedor.

Nunha edicin que adiantou as súas habituais datas de celebracin, nos das previos ao Nadal, a finais de novembro, aqueles e aquelas que se achegaron polo Pavilln Universitario movéronse ao ritmo das coreografas, que combinaban os exercicios aerbicos cos pasos de baile, propostas por catro monitores e monitoras, baixo a coordinacin de Bruno Hermida, responsable de Fiestaloka.com. As mesmo, grazas colaboracin de Coca-Cola e Gadis, as e os participantes contaron con bebidas, froita e barrias enerxéticas para repor folgos e seguir bailando.