DUVI

Diario da 鶹

A través de fotografas que buscan dar visibilidade a traballos desempeados por mulleres

Mar Caldas reivindica en Pars s ‘facedoras’ de Bueu e do Baixo Mio

A exposicin ‘Les Faiseuses’ exhbese no Colexio de Espaa

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Pontevedra 15/01/2019

Dar visibilidade s achegas das mulleres galegas s súas comunidades e contribur súa vez ao “necesario recoecemento social dos traballos que desempean” constitúen dous dos obxectivos que a artista e profesora da Facultade de Belas Artes Mar Caldas persegua con Facedoras de Bueu, unha serie de fotografas que retrataban no espazo público a traballadoras da conserva, redeiras, costureiras ou cocieiras que en 2018 presentou no Museo Mass desta localidade. Con eses mesmos obxectivos, Caldas iniciou unha nova serie fotogrfica, Facedoras do Baixo Mio, que desta volta pon o foco nas achegas das mulleres do rural galego a mbitos como a agricultura, un proxecto que continúa desenvolvendo na actualidade e que nestas semanas se exhibe por primeira vez no Colexio de Espaa en Pars, xunto con varias fotografas pertencentes serie de Bueu, nunha exposicin que leva o ttulo de Les Faiseuses (As facedoras), e nas que as mulleres son retratadas en espazos exteriores relacionados coa súa actividade xunto s vestimentas e obxectivos propios dese labor, “amosndose fortes, poderosas, orgullosas, donas de si”, como sinala a artista responsable dunha serie que de novo toma como referencia “o legado da historia da arte”.

As dúas series, lembra Caldas, “circunscrbense Galicia non urbana”, no caso das Facedoras de Bueu poendo o foco nun “patrimonio laboral feminino” estreitamente ligado ao mar, mentres que en Facedoras do Baixo Mio, explica, “a conexin é forte coa terra”, tendo en conta que esta é unha zona que, mis al de contar cunha franxa costeira, “destaca pola súa riqueza agrcola”. Nese senso, Caldas pon o foco nesta serie en como as mulleres do rural galego cultivaron tradicionalmente os seus campos particulares, labor reflectida nalgunhas fotografas dunha serie que ao mesmo tempo tamén se detén en “iniciativas empresariais emprendidas por mulleres” ou na creacin de empresas “onde a man de obra feminina é elevada”, como invernadoiros, plantacins de rbores froiteiras ou adegas, anda que algunhas das imaxes da serie achéganse a outro tipo de ocupacins “tamén caractersticas da zona”, retratando percebeiras ou mulleres que traballan nas súas casas para o sector téxtil.

“A verdade é foi sorprendente a boa recepcin que tivo”, sinala Caldas do proxecto polo que foi seleccionado na convocatoria aberta polo Colexio de Espaa situado na cidade universitaria de Pars para a organizacin de exposicins e que permitiu amosar, como sinala a artista e docente, “que é un traballo que transcende ao local”. Nese senso, Caldas recoece que a posibilidade de levar a Pars estas 17 fotografas de medio formato permitiu as mesmo incidir en que “a contribucin das mulleres, coas especifidades e caractersticas propias de cada lugar é desde logo algo universal”, vez que amosar na capital de Francia unha imaxe de Galicia, caracterizada pola luminosidade das imaxes, “que se sae dos tpicos de representacin”.

Maruja Mallo como inspiracin

Ao igual que en Facedoras de Bueu, a obra de Maruja Mallo constitúeunha “referencia directa” para esta nova serie, recoece Caldas, que lembra como a pintora galega dedicou unha serie pictrica, "protagonizada integramente por mulleres, aos traballos do campos e do mar”da que forman parte obras como Canto de las espigas coa que, por exemplo, Caldas dialoga na súa fotografa Esfolladora de millo. Mais ao mesmo tempo, a artista tamén se nutre doutra serie de referencias da historia da arte para as composicins das súas fotografas, desde escenas campestres retratadas en cadros de Goya, aos xestos das madonnas de Botticelli, pasando por referentes do romanticismo como Friedrich, cuxa influencia se fai presente na fotografa das traballadoras nun invernadoiro de flores ou na fotografa das percebeiras. As fiandeiras de Velzquez, Almorzo na herba de Manet ou Campesias comendo mazs de Carlos Maside son outras das obras tomadas como marco de referencia por Caldas nunha serie que ata o 31 de xaneiro poder contemplarse no Colexio de Espaa na capital francesa