DUVI

Diario da 鶹

Arranca a segunda semana de campaa cun acto en CC Econmicas e Empresariais

Manuel Reigosa comprométese a loitar pola creacin dun “minicampus na ETEA”

A idea é situar al o CIM, a Facultade de Ciencias do Mar e dous mestrados de Bioloxa

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Democracia
  • Reitor
  • Institucional
D. Besado DUVI 25/04/2022

O candidato a reitor de H2040 Manuel Reigosa comprometeuse este luns, coincidindo co arranque da segunda semana de campaa electoral, a loitar pola creacin do que denominou un “minicampus na ETEA”, no que se situaran o Centro de Investigacin Maria, “que é un dos centros recoecidos pola Xunta de Galicia como Centro de Excelencia”, a Facultade de Ciencias do Mar e os mestrados de Bioloxa Maria e Acuicultura adscritos Facultade de Bioloxa. “Si todo sae ben, este minicampus permitir que os nosos investigadores e investigadoras traballen conxuntamente coa comunidade cientfica do CSIC. É un obxectivo de primeiro nivel e, dende logo, as o comprometemos no noso programa”, explicou o reitor na Facultade de Ciencias Econmicas e Empresariais, a onde acudiu acompaado de boa parte do seu equipo.

Segundo explicou Reigosa, a idea inicial do equipo de goberno xa era mover cara a ETEA Ciencias do Mar “e, incluso, todo o mbito cientfico”, pero, unha vez realizado o proceso de consulta comunidade universitaria, este proxecto quedou parado ata que lles chegou unha peticin especfica de traslado da Facultade de Ciencias do Mar e outra de dous mestrados da Facultade de Bioloxa. “Ciencias do Mar aposta claramente por baixar ETEA e a Bioloxa tamén lle gustara impartir al eses dous mestrados. Eu xa me comprometn publicamente no Claustro a facer todo o posible por mover esas instalacins docentes e investigadoras”, subliou o actual reitor. Para cumprir esta promesa o equipo de H2040 defende que é necesario contar coa titularidade de tres edificios: o Siemens, o Faraday e o Morse. “O Faraday xa era noso; do Siemens hai apenas uns das que me confirmaron que nos vai ser cedido gratuitamente e estamos espera do terceiro, que xa foi solicitado Xunta de Galicia”, recalcou o candidato a reitor.

“Estou moi satisfeito de todo o traballo que se fixo e tamén moi agradecido a toda a comunidade universitaria”

Como vén sendo habitual en cada un dos encontros mantidos polo candidato a reitor e o seu equipo nas diferentes escolas e facultades, o acto arrancou coa explicacin das principais lias programticas para a vindeira lexislatura e o repaso dos logros acadados durante o seu primeiro mandato. “En xeral estou moi satisfeito de todo o traballo que se fixo e tamén moi agradecido a toda a comunidade universitaria porque durante estes catro anos o 95% dos acordos do Consello de Goberno, incluso un pouco mis no caso do Claustro, foron aprobados por asentimento”, apuntou Reigosa, quen tamén fixo fincapé en que nas mesas de negociacin, tanto do PDI como do PAS, “a meirande parte das decisins tomadas foron acordos, é dicir, contaron co apoio da maiora da representacin sindical e, en moitos casos, houbo tamén numerosos acordos unnimes”.

Na quenda de rogos e preguntas, o candidato a revalidar o ttulo de reitor tivo tamén a oportunidade de intercambiar opinins co PDI e co PAS da Facultade de Ciencias Econmicas e Empresarias, que se referiu como “un centro tremendamente activo”. Falouse, entre outras temticas, da agrupacin estratéxica Ecobas, unha iniciativa “prioritaria, xa que permite xuntar talentos da Universidade de Santiago de Compostela e da Corua, pero partindo de Vigo como eixe central”, indicou Reigosa.

Desde o Departamento de Organizacin de Empresas e Marketing a súa directora, a profesora Mara del Mar Rodriguez, demandou informacin sobre as ideas que por sobre a mesa o novo equipo de goberno de cara a conseguir reducir a temporalidade dos contratos do PDI. “Desde o meu punto de vista penso que a poltica de PDI est na boa lia e os logros acadados, sobre todo con respecto reducin das horas de docencia, o baleirado das bolsas de acreditados e o plan de promocin do profesorado asociado, foi algo moi positivo, pero pensamos que anda hai cousas que se poden mellorar”, recalcou a docente, referndose ao “aumento da temporalidade” na contratacin do profesorado, ao que lle respondeu o candidato a vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacins, Manuel Ramos, subliando que, un dos obxectivos prioritarios para este segundo mandato ser “avanzar no grao de consolidacin” do persoal docente e investigador.

O exdecano da facultade, Jorge Falagn, tivo palabras de agradecemento para Reigosa e o seu equipo, “polo apoio que sempre lle deron a este centro”, e tamén lles chegaron verbas de gratitude desde o PAS pola posta en marcha do proceso de funcionarizacin.

Ma martes visita ao campus cidade e encontro co PAS

Tras o paso pola Facultade de Ciencias Econmicas e Empresarias, o reitor desprazouse ata a Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo. Ma martes a comitiva electoral desprazarase ao campus cidade, cun primeiro encontro s 10.00 horas na nova Facultade de Comercio, e un segundo s 12.00 horas na Escola de Enxeera Industrial (sede cidade). A maiores, ante a demanda do Persoal de Administracin e Servizos dun encontro especfico con este colectivo, o candidato a reitor organizou unha xuntanza especfica para o PAS ma martes s 13.45 horas no saln de actos do edificio Ernestina Otero.