DUVI

Diario da 鶹

A obra permite entender contexto histrico do Imperio espaol no século XVII

Manuel A. Candelas Colodrn presenta unha edicin anotada de 'Cima del Monte Parnaso Espaol' de José Delitala

O traballo analiza a recepcin da obra quevediana anos despois da súa morte

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • پܱ
  • ʳܲԲ
  • Աپ
Mara Álvarez Villar DUVI 21/12/2021

O confinamento foi unha época convulsa para toda a sociedade, non obstante, o profesor e investigador da Facultade de Filoloxa e Traducin (FFT) da 鶹, Manuel A. Candelas Colodrn, aproveitou esta época de reclusin para achegarse cunha edicin anotada,publicada agora polo Servizo de ʳܲԲ da 鶹 na súa serieѴDzԴDzڲ, a unha obra inexplorada: Cima del Monte Parnaso Espaol, un libro descoecido, no que José Delitala y Castelv, natural de Cerdea, continúa a publicacin de Francisco de Quevedo, El Parnaso Espaol, coa que o autor clsico institúe un xeito innovador de presentar a organizacin dos materiais poéticos en torno a idea do Parnaso. E é que, como afirma o profesor Candelas, “o normal naquel momento era publicar coleccins de rimas amorosas, morais... pero non exista unha construcin do Parnaso en torno s musas e Quevedo, anda que xa haba algúns trazos disto en Italia, foi un dos primeiros en facelo”.

As tres musas ‘esquecidas’

Francisco de Quevedo organiza a súa obra en relacin coas nove musas que acompaan a Apolo no Parnaso, mais ao publicarse El Parnaso Espaol despois do seu falecemento, o editor considerou que o volume exceda o tamao preestablecido e decidiu deixar as tres últimas musas fra deste primeiro tomo. As, José Delitala y Castelv, decide rematar esta obra na que faltaban as musas Calope, Euterpe e Urania e darlle forma a un volume, no que ademais de abordar as figuras das tres divindades inspiradoras das artes, inclúe aspectos da súa vida e do contexto no que vive en Cagliari, as como da súa estancia en Madrid.

Como explica o profesor Candelas, “naquela época, era moi común que un autor continuase o publicado por outro” e, neste caso, Delitala comezou a redaccin do texto das tres musas que non foron publicadas no primeiro tomo de Quevedo, sen esperar que a segunda parte da obra do autor clsico fora publicarse. Mais mentres o escritor de Cerdea remataba de darlle forma as súas poesas, o sobrio de Quevedo, achega a unha imprenta os manuscritos que incluan a estas tres musas e, mis al de frustrar a publicacin do libro do autor sardo, este seguiu co seu labor xa que, como sostén o profesor da FFT, "pdese observar o desengano do público ao ver na obra quevediana uns contidos que non estaban tan ben organizados como se esperaba e que non parecan estar altura do escrito polo autor clsico no primeiro tomo", explica Candelas.

As musas ao servizo do contexto histrico

Delitala centrou o seu labor en artellar un libro centrado nas tres musas que quedaron relegadas a un segundo plano na obra de Quevedo, ao tempo que inclúe aspectos do contexto no que vive. Isto ocorre, segundo explica Candelas, “porque as musas nas que se centra son de eloxios e de eloxios fúnebres e estes xéneros permtenlle ao autor relacionar estas temticas co acontecido na época tanto en Cagliari, como en Espaa”. De feito, no libro de Delitala poden atoparse referencias a cadros desaparecidos que se supn que estiveron no Alczar de Madrid, vestimenta extravagante do embaixador ruso Piotr Ivanovich Potemkin nunha das súas visitas a Madrid ou a asasinatos polticos de primeira orde acontecidos en Cagliari mentres o autor redactaba os seus poemas.

Unha porta cultura hispnica dos vicerreinados

Candelas Colodrn saca luz na súa edicin anotada de Cima del Monte Parnaso Espaol un autor descoecido na actualidade, a partir do cal se pode entender mellor a recepcin que tiveron as obras de Quevedo poucos anos despois da súa morte e mostrar como foron recibidas nun lugar tan apartado da Corte como o era Cagliari. As mesmo, a publicacin do docente e investigador da FFT permite achegarse ao contexto cultural e histrico dos vicerreinados espaoles, que, segundo Candelas, “é un territorio bastante inexplorado e que abre a porta a que mis investigadores e investigadoras se interesen tanto pola figura de Delitala -non s polo valor literario da súa obra, senn tamén polo seu valor histrico e cultural- coma polo estudo dos vicerreinados do entn Imperio espaol”.

En resumo, segundo o docente da 鶹, a importancia de Cima do Monte Parnaso Espaol de José Delitala reside en que a obra “non s supn unha achega poética da moda que se segua naquel momento, senn que tamén presenta nos seus poemas unha gran cantidade de detalles sobre a cultura e o ambiente que se palpaba tanto en Madrid coma en Cagliari no século XVII”. As mesmo, Candelas explica que a obra de Delitala “intégrase nas modalidades discursivas poéticas do século XVII e, por iso, nas súas composicins se poden atopar trazos do estilo de autores clsicos coma Gngora, Petrarca, Homero, Ovidio e incluso dalgúns poetas italianos como é o caso de Giambattista Marino”.