Disputado no campus de Pontevedra, a USC rematou primeira na clasificacin por equipos
Luca Parga e Mateo Rodrguez lzanse co ouro no Campionato Universitario de Orientacin
Participaron 53 estudantes das tres universidades galegas
Dous estudantes da 鶹, Luca Parga e Mateo Rodrguez, acadaron a medalla de ouro nas finais feminina e masculina do Campionato Universitario de Orientacin Xunta de Galicia, disputado este sbado en Pontevedra. Organizada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da 鶹, coa colaboracin da ٲ Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a competicin contou coa presenza de 53 estudantes das tres universidades galegas, alzndose a Universidade de Santiago de Compostela (USC) co primeiro posto na clasificacin por equipos.
Centrado nunha modalidade deportiva na que as e os participantes deben completar un percorrido cronometrado seguindo unha serie de puntos, chamados balizas ou controis, axudados por un mapa ou comps, a competicin abriuse cunha primeira rolda clasificatoria. Disputada na contorna do campus e da Illa das Esculturas, esta decidiu as once corredoras e 16 corredores que loitaran polas medallas na final A. Nesta segunda proba, o percorrido estendase s rúas da cidade, inclundo o casco histrico, para completarse novamente no campus.
Na categora masculina, a vitoria foi para o estudante do Grao en Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte Mateo Rodrguez, que superou en mis de dous minutos os tempos do segundo e terceiro clasificado, os estudantes da USC Hugo Surez e Xin Novoa. Na final A feminina foi Luca Parga, estudante do Mster en Profesorado en Educacin Secundaria Obrigatoria, que se alzou co ouro, e estivo acompaada no podio polas tamén alumnas da USC Sofa Martnez e Ana Martnez.
Na clasificacin por equipos, para a que se computaban os resultados dos tres mellores clasificados e clasificadas nas finais A, a USC rematou no primeiro posto, cun total de 493 puntos. A 鶹, que concorra a esta cita con 28 representantes, rematou en segundo lugar con 486, mentres que a Universidade da Corua (UDC) sumou 339 puntos.
A xornada completouse coa entrega de premios na Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, acto que contou coa participacin da vicerreitora de Extensin Universitaria, Susana Reboreda.
