DUVI

Diario da 鶹

A súa autora corresponde ao historiador do campus Jesús de Juana

Un libro afonda na figura de Pedro Quevedo, bispo de Ourense e rexente de Espaa

A publicacin foi presentada este luns no Centro Cultural Marcos Valcrcel

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • پܱ
  • Աپ
DUVI Ourense 17/12/2018

Pedro Quevedo, obispo de Ourense y regente de Espaa (1736-1818). Con este ttulo preséntase a última obra do historiador do campus de Ourense Jesús de Juana. A publicacin, editada pola Deputacin de Ourense, aborda a figura do bispo Quevedo, “protagonista de importantes acontecementos histricos” dos séculos XVIII e XIX, segundo explica o autor do libro.

A publicacin foi presentada este luns no Centro Cultural Marcos Valcrcel polo seu autor e por Manuel Baltar, presidente da Deputacin de Ourense, que destacou que se trata “dun libro sobre un personaxe de relevancia na historia ourens, que foi bispo de Ourense durante mis de catro décadas e de quen este ano se conmemora o bicentenario do seu pasamento”. Baltar agradeceu a Jesús de Juana, “un dos grandes historiadores de Ourense, o seu labor investigador, froito do cal sae luz unha publicacin que nos achega importantes datos sobre Pedro Quevedo”.

No cumio da poltica

Pedro Quevedo, anda que naceu en Badaxoz, indican en nota de prensa desde a Deputacin de Ourense, estivo 43 anos de bispo en Ourense, os dous últimos tamén como cardeal, e deixou unha gran pegada na cidade e na provincia por feitos singulares como acoller a mis de 300 clérigos franceses que chegaron escapando da Revolucin Francesa; a construcin e mantemento da escola-taller para expsitas nas Mercedes ou a creacin do Seminario de San Fernando, entre outras. Durante a rolda de prensa deste luns, Jesús de Juana explicou que cando chegou a Ourense na década dos 70 comezou a interesarse por personaxes de Galicia e, sobre todo, de Ourense, descoecidos na súa etapa formativa. “Entre eles estaba Pedro Quevedo, que nos estudos publicados sobre a Guerra da Independencia apareca sempre como o bispo de Ourense, levando, daquela, o nome desta provincia no mbito nacional e incluso internacional”, sinalou o autor.

“Na provincia de Ourense houbo notables representantes, pero foi Pedro Quevedo quen chegou ao cumio da poltica espaola, como xefe de estado, ao ser nomeado en 1810 presidente da Rexencia de Espaa pola súa defensa dos valores patriticos”, lembrou Jesús de Juana, que destacou, ademais do labor poltico de Quevedo a súa faceta como docente. “Pedro Quevedo foi un home do seu tempo, ancorado no antigo réxime, o que lle levou a vivir episodios de enfrontamento coas Cortes e a ser expatriado a Portugal, sendo un dos mis ilustres intelectuais daquela época”, explicou Jesús de Juana.